CAPRIF-CC comeza 2025 con tres accións de voluntariado ambiental en Carreira (Ribeira), Baroña (O Son) e Froxán (Lousame)

31 Xaneiro 2025

O proxecto Comunidades Activas e Paisaxes Resilientes a Incendios Forestais e Cambio Climático (CAPRIF-CC) arrinca o ano 2025 no Living Lab Barbanza-Ulla-Sar programando tres actividades de voluntariado ambiental nos montes de Carreira (Ribeira), Baroña (Porto do Son) e Froxán (Lousame).

A primeira das tres actividades, programada para este domingo entre as 10.00 e as 14.00 horas, está orientada á eliminación de acacias no monte veciñal de Carreira, concretamente na contorna do Miradoiro da Pedra da Ra.

A segunda, prevista para o sábado 8 de febreiro, levarase a cabo desde as 10.00 ata as 14.00 horas nos terreos da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) de Baroña (Porto do Son) e consistirá na plantación de árbores autóctonas, fundamentalmente frondosas, na contorna dos muíños e a capela de Santo Tomé. As persoas interesadas en inscribirse nesta actividade aínda poden facelo ata o día 6 de febreiro a través do formulario existente no apartado de actividades da web caprifcc.com ou ben enviando un correo electrónico a info@montescola.org.

Pola súa parte, o monte de Froxán (Lousame) acollerá o domingo 16 de febreiro, entre as 10.00 e as 13.00 horas, outra actividade de repoboación con árbores autóctonas, pero desta volta especificamente dirixida a familias con nenos/as, xa que incluirá actividades lúdicas e unha gran chocolatada final. Este prazo de inscrición estará aberto ata o xoves 14 de febreiro as familias interesadas poderán apuntarse enviando un correo electrónico a
info@montescola.org ou a través do formulario correspondente na páxina web de CAPRIF CC.

CAPRIF-CC está financiado pola Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Estas tres actividades forman parte do proxecto CAPRIF-CC, que está impulsado pola Fundación Juana de Vega, a Fundación Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal (CEER), a Fundación Centro Tecnológico y Forestal de la Madera (CETEMAS), a Asociación Galega de Custodia do Territorio (AGCT) e a Fundación Montescola, e que conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea cos fondos NextGenerationEU.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.