
O Concello de Rianxo comunicou que este 30 de xaneiro abriu o prazo para que as persoas interesadas poidan solicitar unha das oito vivendas municipais de cesión temporal. Dende o Consistorio explican que as vivendas cederanse por un período máximo de ata 6 anos para atender a necesidades de residencia habitual e permanentes de unidades de convivencia con ingresos inferiores a 2,5 IPREM.
Poderán solicitar unha vivenda de cesión temporal as persoas físicas, para si ou para a súa unidade de convivencia, que polo súa situación ou polos seus escasos recursos económicos, non poidan acceder a unha vivenda de cesión temporal a prezo de mercado
Quen o precise pode consultar as bases nas súa totalidade e o formulario da solicitude xunto coa documentación complementaria necesaria no BOP da Coruña.



