“O Barbanza sabe a mar”. Antón Luaces

10 Outubro 2024

Con preto de 70.000 habitantes, os 247 quilómetros cadrados da comarca do Barbanza que constitúen os concellos da Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira souberon dende os primeiros tempos aproveitar todo o moito que o mar ofrecía (e aínda ofrece). En primeira instancia, a pesca e o marisqueo, base da súa economía. Consecuencia destas actividades naceron os estaleiros, que se diversificaron en Ribeira, Rianxo e Aguiño, con ramificacións na ría de Muros-Noia.

Tendo barcos e peixe e marisco, os barbanzáns foron quen de aportar o seu saber á explotación do mexillón criado en bateas facendo deste bivalvo un dos principais atractivos do sector conserveiro a carón da ameixa e, obviamente peixes como a sardiña, o xurelo, o bonito, etc., xeradores doutra riqueza complementaria, a conserveira que, se ben perdeu número de factorías, soubo facer da unión de empresas un recurso perfectamente válido para asumir o reto de se enfrontar á dura competencia que xurdiu noutros países de Europa, Asia e América. 

Con todos estes medios, A Barbanza constituiu empresas armadora, sociedades e cooperativas que, en augas españolas ou internacionais, chegaron asimesmo a constiuiren sociedades internacionais ou sociedades mixtas xeradoras de emprego en España e os países nos que radican, nomeadamente Hispanoamérica e África.

Son tamén por este motivo polo que patróns, capitáns de pesca, xefes de máquinas ou motoristas galegos -maioritariamente da comarca barbanzana- os que se forman nos institutos ou escolas de formación náutico-pesqueira de Ribeira, Vigo, Ferrol ou A Coruña e que son demandados non só por compañías armadoras galegas senón tamén doutras comunidades autónomas españolas e mesmo de países estranxeiros. 

Este feito choca substancialmente con esa matraca de falta de resposta -non hai remuda, disque- á demanda de persoal para os barcos galegos, tanto na categoria de mandos coma entre os mariñeiros de cuberta quem, pola contra, sí se enrolan en barcos estranxeiros ou para traballaren en empresas pesqueiras doutros países.

Outra circunstancia destacable da Barbanza que emana asimesmo das posibilidades que o mar ofrece está na Armada española onde un bo número de ribeirenses, pobrenses, rianxeiros e boirenses exercen coma suboficiais e oficiais tanto nas especialidades de ponte e máquinas, como no corpo xeral, dende sarxentos e brigadas ata almirantes, pasando por persoal de formación de mariñeirìa.

E non se trata de algo que acontece hoxe: xente de mar en todas as categorías e condicións levan no rol dos buques de pesca, da Mariña Mercante, da Armada, apelidos de familias barbanzanas: Bouzas, Argibai, Mariño, Chousa… dende vai moitas décadas. Séculos.

Barbanza sabe a mar e sabe de mar.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.