A Pobra vivirá nesta fin de semana o Campionato de España de Bateis. No sábado 27 disputaranse as eliminatorias, mentres que a final se desenvolverá no domingo 28. Trátase dunha proba de índole deportivo con repercusión económica e social, á que agora tamén se...
Arde un colector na rúa Castelo, na Pobra
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Ribeira foron alertados ás 01:48 horas desta madrugada dun incendio que afectou a un colector do lixo na rúa Castelo, no casco urbano do concello da Pobra do Caramiñal. O operativo, no que tamén participou a Garda Civil e...
Accidente de tráfico na rúa Doutor Lamas e Andrés, na Pobra
Os bombeiros do Parque Comarcal Provincial de Ribeira recibiron ás 20:30 horas da tarde deste mércores 24 de abril unha chamada alertando dun accidente de tráfico na rúa Doutor Lamas e Andrés, no municipio da Pobra do Caramiñal. O automóbil sinistrado perdeu o control...
“23 de abril Día Internacional do Libro. Invitación a visitar a nova sala iconográfica de Valle-Inclán na Pobra”. Antonio González Millán
Celebremos esta efeméride de carácter mundial creada por proposta da UNESCO cos obxetivos de: promover a lectura, o valor da industria editorial e a proxección da propiedade intelectual por medio do traballo de autor. Convidámoste a que visites a nova sala de...
Publicadas no DOG as axudas ao embelecemento do litoral, con 14 proxectos turísticos en 8 concellos do Barbanza
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este 23 de abril a resolución da liña de axudas destinada a concellos galegos de menos de 10.000 habitantes coas que a Xunta de Galicia busca o impulso e consolidación turística do rural galego ao tempo que promove a...
O Concello da Pobra convoca unha asemblea veciñal para informar do proxecto de ampliación de Escurís S.L.
Informar do impacto do proxecto de ampliación das instalacións de Escurís S.L. na contorna da Baiuca, ao abeiro da solicitude de declaración de interese autonómico formulada por JEALSA para a creación de solo que resolva as súas necesidades empresariais: este é o...
A Pobra reivindicou os seus tesouros no Día dos Monumentos e Sitios
Máis de trinta e cinco persoas redescubriron parte do patrimonio local a través da visita comentada As casas institucionais dos concellos do Caramiñal e da Pobra, a cargo do director do Museo Valle-Inclán, Antonio González. O cruceiro de Entre Vilas, a Casa da Cadea e...
O Concello da Pobra e Kracia achegan servizos gratuítos para a transformación tecnolóxica das pemes locais
Tecer redes entre as persoas emprendedoras instaladas no Coworking da Pobra e o sector empresarial do concello é a principal finalidade do espazo de traballo colaborativo e, para seguir dando pasos nesta senda, a Concellaría da Promoción Económica lanza unha nova...
Juan Galán conxuga condición humana e crónica social e política na novela que presenta na Pobra
Unha semana máis, o Auditorio do Museo Valle-Inclán converterase en epicentro literario coa presentación do libro Las tribulaciones de Bruno Lamas, de Juan Galán. Será no venres 26, ás 20.30 horas. O autor estará acompañado pola concelleira da Cultura da Pobra do...
A praia da Corna acolle este domingo 21 unha nova xeira de retirada de lixo
O Concello da Pobra do Caramiñal convoca unha nova xornada de limpeza de areais que se concentrará na Corna. Será este domingo 21, en horario de 16.00 a 20.00 horas. Nesta liña, o concelleiro do Medio Ambiente, Xosé Lois Piñeiro, explica que se continúa así na senda...
Retirado un niño de velutina nun pendello da rúa Mirandela, na Pobra do Caramiñal
Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados ao redor das 19:06 horas da tarde deste venres 20 de abril da existencia dun niño de avespas velutinas no interior dun pendello da rúa Mirandela, na Pobra do Caramiñal. Este elemento estaba situado a...
A Pobra do Caramiñal mostra xa ao Valle-Inclán máis íntimo
A cesión de obxectos persoais e mobiliario do Pazo da Mercé onde residiu o autor, xunto á súa biblioteca persoal, completa a colección do seu museo na localidade coruñesa. O pleno do concello da Pobra do Caramiñal aprobaba esta mesma semana unha corrección de erros...
O camiño da diabetes amósase en formato de exposición fotográfica na Pobra
A Orixe: a diabetes, un camiño de vida. Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler da man da Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (Anedia), coa colaboración da Asociación Amigos do Camiño de Santiago do...
O cadáver dun veciño da Pobra leva tres meses esperando a ser enterrado
Cipriano, un veciño da Pobra do Caramiñal de 61 anos de idade, apareceu morto nun edificio da rúa do Ribeiro a finais do mes de xaneiro. O cadáver foi trasladado ao Instituto de Medicina Legal de Galicia para practicarlle a autopsia. Dende aquel día pasaron tres meses...
Os Concellos da Barbanza-Arousa únense para defender o abastecemento de auga e o sector do mar fronte a megaplanta de Altri
Os Concellos da vertente sur do Barbanza (Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo) xuntaron forzas para presentar alegacións conxuntas ao proxecto que a empresa Altri pretende desenvolver en Palas de Rei, a carón do río Ulla. Os seus alcaldes, Luís Pérez Barral,...
A banda de rock Forraje regresa aos escenarios cun concerto na Festa do Carme dos Pincheiros da Pobra
O mundo do rock está de sorte co regreso de Forraje aos escenarios. En 2015 publicou o disco de despedida Quince duchas de agua helada, pero agora a banda volve renovada e con novas cancións. E, como boa nova para as persoas seguidoras da formación, xa hai data: será...
Aberto o prazo de inscrición na reunión sobre dixitalización para negocios da Pobra
A Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal xa se atopa inmersa na organización da xornada explicativa do día 24 de abril, no Coworking da localidade, dirixida ao sector comercial, hostaleiro e pequenas empresas do municipio con relación a servizos de...
A Pobra conmemora o Día Internacional do Libro cun contacontos infantil
O vindeiro martes 23 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro e, por tal efeméride, a Biblioteca Municipal Victoriano García Martí da Pobra do Caramiñal acollerá un contacontos infantil ao abeiro do programa Ler Conta Moito. Trémola Teatro traerá Leo e a...
Rematan as clases da sétima edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia na Pobra coa visita a Mupega
As aulas da sétima edición que se desenvolve na Pobra do Caramiñal do programa de democratización do coñecemento Camiños de Coñecemento e Experiencia chegaron á súa fin coa visita ao Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega).Esta saída constituía a parte práctica do...
A atención deportiva concentrarase na paisaxe de montaña no mes de maio co XI Trail Serra do Barbanza
O deporte continúa presente no calendario municipal de actividades do mes de maio co XI Trail Serra do Barbanza, que será á súa vez XI Carreira de Montaña Concello da Pobra do Caramiñal, organizado polo Concello, a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a...
A Casa da Cultura da Pobra acolle a mostra fotográfica “A Orixe: a diabetes, un camiño de vida”
A Casa da Cultura da Pobra acollerá estes días unha exposición fotográfica que busca concienciar sobre a diabetes. Baixo o título A Orixe: a diabetes, un camiño de vida, esta mostra abrirá ao público no 19 de abril, ás 20.00 horas, coas intervencións da concelleira da...
Historias e inglés conflúen nunha sesión de contacontos na Pobra
A aula de estudo situada na planta superior da biblioteca municipal Victoriano García Martí acollerá no sábado 20, ás 11.00 horas, o contacontos en inglés Storytelling Sally Senses que achega a academia Kids&Us Ribeira coa colaboración da Concellaría da Cultura da...
A Pobra, epicentro nacional do remo co Campionato de España de Bateis
"Hai unha semana dicíamos que A Pobra se erixía como capital galega do remo; hoxe podemos dicir que de España." Con estas palabras comezou o concelleiro dos Deportes, Eloy Sobrido, na presentación do LXXXI Campionato de España de Bateis que terá lugar no 27 e 28 de...
A Pobra conmemora o Día Internacional de Monumentos e Sitios cunha visita comentada polo patrimonio local
A Pobra vai celebrar o Día Internacional de Monumentos e Sitios coa visita guiada e comentada As casas institucionais dos concellos do Caramiñal e da Pobra, a cargo do director do Museo Valle-Inclán, Antonio González. O propio González precisou este mércores 17, na...
A Pobra prepara un servizo de dixitalización para as empresas locais (os detalles danse a coñecer este 24 de abril)
A Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal atópase estudando servizos relacionados coa dixitalización destinados ao sector comercial, hostaleiro e pequenas empresas do municipio. Os ditos servizos de balde estarían ofrecidos por unha das empresas...
O CAD da Pobra aproveitará as posibilidades terapéuticas do medio ambiente local en colaboración con DS Smith Cartogal
Persoas usuarias do CAD (Centro de Atención á Discapacidade) situado na Pobra do Caramiñal, tanto do Servizo de Atención Temperá coma do Centro Ocupacional, atópanse inmersos dende este mes de abril nun proxecto educativo-medioambiental que pon o foco na contorna como...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“A eclipse, o mellor”. Luís Celeiro
Foi impresionante. Despois da enorme potencia manipuladora do fútbol, que exercen os distintospoderes, económicos, gobernamentais, manipuladores, perversos e políticos, o fenómeno da eclipsesitúase en primeiro lugar. O noso mundo, con toda a súa xente, ergueu a cabeza...
“Sobre as ONG” – Manuel Domínguez
Razones del porqué las ONGs se desviven por “ayudar” a los inmigrantes.- ¿Qué sería de las ONGs, sin la miseria humana? ¿Qué se esconde detrás de este “dolor doloroso”? ¿? ¿Existe una miseria moral? Cruz Roja, dirección, entre 27.900 y D G 82.250. Qpen Arms, capitán...
“Unha Europa branca con sangue nos zapatos” – Antón Luaces
Franquistas, ultras, membros do KKK, simplemente errados ou fora de lugar?. Non é a primeira vez que os cito e coido que nin vai ser a derradeira: eles están aí ao seu aquel, ao seu chou navegando entre nubes de gloria nun ceo que debuxan ao seu nivel aqueles que non...
“Censura antes y hoy”. Manuel Dominguez III
Censura antes y hoy. Antes la llamada democracia orgánica por unos y dictadura por otros había censura, pero era profesionales a salario del estado. La censura existía desde la época de los romanos, siempre hay gentes que quieren el pensamiento único, el de ellos....
Ribeira rende homenaxe a Alejandra Vicens tras un ano histórico con nove podios na vela de elite
A deportista local, que compaxina a súa carreira militar e de enxeñaría co deporte de alto nivel, suma este ano o título mundial de Vaurien e a prata na Copa do Rei. A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, recibiron...






























