Ribeira rende homenaxe a Alejandra Vicens tras un ano histórico con nove podios na vela de elite

21 Agosto 2026

A deportista local, que compaxina a súa carreira militar e de enxeñaría co deporte de alto nivel, suma este ano o título mundial de Vaurien e a prata na Copa do Rei.

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, recibiron oficialmente no consistorio á regatista local Alejandra Vicens para trasladarlle a felicitación de todo o municipio pola súa extraordinaria tempada deportiva. No que vai de 2026, a deportista suma xa un total de nove éxitos de primeiro nivel ao seu palmarés.

Entre os fitos acadados este ano pola ribeirense destacan:

  • Ouro no Campionato do Mundo de Vaurien (Travemünde).
  • Ouro no Campionato de España de Vaurien (As Pontes) e ouro na Copa de España de Vaurien (Barrios de Luna).
  • Prata na prestixiosa Copa do Rei e ouro no Trofeo Conde de Godó (Barcelona), ambos a bordo do TP52 Hispania.
  • Bronce no Trofeo SM La Reina (Valencia) a bordo do TP52 Hispania, e segunda posición na PalmaVela a bordo do TP52 AIFOS.
  • Bronce no Campionato Nacional Militar de Vela (Marín), xunto coa clasificación para o Campionato do Mundo Militar e os Xogos Olímpicos Militares.

Unha traxectoria de éxito e disciplina

O vínculo de Vicens coa vela vén de lonxe. Na súa etapa formativa destacou nas clases Optimist e Snipe, acadando títulos galegos e a prata no Campionato do Mundo de Vaurien en Roma (2025).

A regatista compaxina o deporte de alta competición cunha destacada carreira profesional no ámbito militar e tecnolóxico. Ingresou con 18 anos na Escola de Técnicas de Seguridade, Defensa e Apoio do Exército do Aire (Zaragoza) como soldado especialista en Protección e Apoio á Forza. Na actualidade, exerce como Xefa da Oficina de Relacións Institucionais do Mando Conxunto do Ciberespazo do Estado Maior da Defensa, contando ademais cun grao en Enxeñaría Informática e diversas titulacións superiores en redes, telecomunicacións e ciberseguridade.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.