“A eclipse, o mellor”. Luís Celeiro

22 Agosto 2026

Foi impresionante. Despois da enorme potencia manipuladora do fútbol, que exercen os distintos
poderes, económicos, gobernamentais, manipuladores, perversos e políticos, o fenómeno da eclipse
sitúase en primeiro lugar. O noso mundo, con toda a súa xente, ergueu a cabeza e mirou para o ceo,
bríllante, amoroso e soleado.
Todos os cidadáns de boa fe, obedientes e guiados polo mando, mercaron gafas homologadas,
promocionadas e achegadas maioritariamente dende o mercado chino. Necesarias para observar o
acontecemento, un dos poucos que obriga á cidadanía a mirar para arriba, para o máis alto, para o
ceo das estrelas, para onde podes ver a Vía Láctea, esa galaxia en forma de espiral, que leva a quen a
mira ao fin do mundo peregrino, a Santiago de Compostela.
O xornalista José Castro López, vello e bo amigo de nós, facía no seu artigo, “Después del eclipse”,
unha serie de interrogantes e reflexións que podemos e debemos asumir. Di o colega que a ciencia
non poido compartir os sentimentos de asombro e as emocións de millóns de persoas que se foron
ás praias e montes, prazas e miradoiros para contemplar como a Lúa se interpoñía entre a Terra e o
Sol.
É posible que a ciencia non fora quen de velo, pero os políticos sabían que era conveniente
aproveitar o acontecemento para nubrar e ocultar calquera raiola que alumee na mente da xente
que quere ser libre. Tivemos, nos últimos tempos, mostras evidentes, intencionadas e orientadas
cara o divertimento e a distracción da poboación. Estamos, ao parecer, nun camiño que poida que
vaia en dirección a ningunha parte.
A poboación da nosa terra, liderada polos que eran inimigos do fútbol, por eses que agora están na
“certeza de que a idolatría da pelota é a superstición que o pobo merece”, poida que non entenda
moi ben o que acontece, pero vai compartíndoo, como se fose a realidade turbulenta da que
ninguén pode escapar.
Onde está o negocio, a verdade e a media verdade? Onde estará, meu Deus? Cal será a seguinte fase
de desmemoria, desa que quere esquecer aos ilustres votantes, aos que votaban con valentía, e con
moito gusto, polo mellor. A Tía Manuela díxoo en voz alta: É necesaria a ilusión para dar co mellor.
“Sempre votamos polo mellor e seguimos na mesma, agardando para saber quen é e que quere
facer”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.