Rematan as clases da sétima edición de Camiños de Coñecemento e Experiencia na Pobra coa visita a Mupega

18 Abril 2024

As aulas da sétima edición que se desenvolve na Pobra do Caramiñal do programa de democratización do coñecemento Camiños de Coñecemento e Experiencia chegaron á súa fin coa visita ao Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega).
Esta saída constituía a parte práctica do coloquio Escolas, alumnos e mestres nas vilas e aldeas de Galicia (1750-1950) impartido por José Manuel Vázquez Lijó.
Unha anécdota que marcou esa xornada foi que unha das fotografías expostas no Mupega se corresponde con alumnado da antiga escola unitaria da Ribeiriña na época da Transición e a profesora, curiosamente, é unha das 49 veciñas e veciños maiores de 50 anos que participan neste proxecto formativo e de extensión cultural da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que conta coa colaboración da Concellaría da Cultura.
As outras dúas clases teórico-prácticas que integraron esta convocatoria foron A relevancia, a diversidade e a riqueza do patrimonio cultural inmaterial galego: unha aproximación á historia da música galega e aos instrumentos de percusión, con María González Blanco, e Plantas medicinais: aplicacións e usos, da man de María Pilar Riveiro López.
A clausura oficial será co tradicional acto académico en Santiago de Compostela.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.