A Pobra conmemora o Día Internacional do Libro cun contacontos infantil

19 Abril 2024

O vindeiro martes 23 de abril conmemórase o Día Internacional do Libro e, por tal efeméride, a Biblioteca Municipal Victoriano García Martí da Pobra do Caramiñal acollerá un contacontos infantil ao abeiro do programa Ler Conta Moito.

Trémola Teatro traerá Leo e a música, no martes 23, ás 11.00 horas.

Trátase dunha actividade dirixida a crianzas de entre 6 meses e 4 anos para, nas palabras da concelleira da Cultura da Pobra do Caramiñal, Patricia Lojo, “ir achegándolle-lo mundo das letras dende idades temperás dunha maneira estimulante para este público.”

A entrada é libre ata completar a cabida.

xr:d:DAGBWgZcEu0:15,j:6488985503314488197,t:24040915

Outros artigos

Xoves regresa o sol e sobe a temperatura

Galicia irá quedando durante o xoves baixo influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse bancos de néboa matinais en zonas de interior, que darán paso a ceos con poucas nubes en xeral. As temperaturas mínimas terán un lixeiro descenso, mentres que as máximas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Estado soy yo”. Manuel Dominguez

“El Estado soy yo”. Manuel Dominguez

 Es una frase apócrifa que Luis XIV de Francia habría pronunciado el 13 de abril de 1655 ante el Parlamento de París, a los dieciséis años de edad No obstante, tal frase no consta en las actas de las reuniones del Parlement, por lo que se duda que tal anécdota...