Rois organiza unha convivencia para mulleres na provincia de Ourense o 21 e 22 de novembro

19 Outubro 2026

O Concello de Rois organiza unha nova convivencia educativa para mulleres, que nesta edición terá como destino a provincia de Ourense. A actividade celebrarase os días 21 e 22 de novembro de 2026 e está dirixida a mulleres empadroadas no municipio maiores de 18 anos.

A proposta permitirá coñecer nesta ocasión diferentes lugares do patrimonio ourensán. O primeiro día, o percorrido incluirá o Mosteiro de Oseira, Allariz e Ourense. A segunda xornada estará dedicada a Celanova e Vilanova dos Infantes.

O prazo de inscrición estará aberto desde o 29 de outubro ata o 6 de novembro, ámbolos dous incluídos, na oficina dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Rois. Cada persoa poderá realizar un máximo de dúas inscricións: a súa propia e, se o desexa, a doutra persoa.

O prezo é de 100 euros por participante, que deberán ingresarse na conta do Concello de Rois en Abanca: ES64 2080 0328 9631 1000 0060. Para formalizar a inscrición será necesario achegar o DNI e o xustificante de pagamento.

As prazas son limitadas e asignaranse por rigorosa orde de inscrición. Unha vez formalizada, non se devolverá o importe, agás por enfermidade grave da solicitante ou dun familiar próximo. O Concello resérvase o dereito a suspender a convivencia no caso de non cubrir un número mínimo de prazas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.