O cadáver dun veciño da Pobra leva tres meses esperando a ser enterrado

19 Abril 2024

Cipriano, un veciño da Pobra do Caramiñal de 61 anos de idade, apareceu morto nun edificio da rúa do Ribeiro a finais do mes de xaneiro. O cadáver foi trasladado ao Instituto de Medicina Legal de Galicia para practicarlle a autopsia. Dende aquel día pasaron tres meses e o cadáver continúa nunha cámara frigorífica do Imelga, porque os seus familiares desentendéronse del. 

Unha veciña di que se fose unha persoa importante non pasaría isto; di que lle dá pena e que non entende porque non se fixeron cargo do enterro.

A maioría das persoas coinciden en que é inhumano e moi triste que aconteza algo así. Unha muller di que no faría iso e que aínda que non fose un familiar directo intentaría todo o que fose para enterralo. Outra veciña di que na súa familia pasou algo semellante e o Concello fíxose cargo do sepelio. 

Non lle falta razón, nestes casos a lei di que é o Concello quen debe asumir os gastos do enterro. Foi o que lles comunicou o xulgado de Ribeira aos servizos sociais do consistorio pobrense o 11 de marzo. Dende o Concello aseguran que non lles consta este requirimento xudicial; din que souberon do caso pola prensa. Mentres tanto, o cadáver de Cipriano permanece na sede do Imelga esperando que alguén se encargue de darlle sepultura.(TVG)

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...