A cesión de obxectos persoais e mobiliario do Pazo da Mercé onde residiu o autor, xunto á súa biblioteca persoal, completa a colección do seu museo na localidade coruñesa.

O pleno do concello da Pobra do Caramiñal aprobaba esta mesma semana unha corrección de erros que fai definitiva a cesión temporal de boa parte do patrimonio e obxectos persoais que unha parte da familia de Ramón María del Valle-Inclán foi gardando ou recompilando ao longo das últimas décadas. Culminando así un longo proceso de negociacións establecidas entre o neto do autor, Xaquín do Valle-Inclán, e as autoridades municipais e que permiten desde xa poder gozar dalgúns dos obxectos máis íntimos pero característicos do autor modernista e creador do Esperpento.
Así, no museo sito na Torre de Bermúdez da localidade coruñesa onde residiu durante distintas épocas da súa vida locen xa obxectos tan persoais e característicos “como o seu chapeu, as súas lentes e os seus famosos botíns, ademais dun dos seus traxes aínda que haberá máis, e un disco de lousa coa súa propia voz gravado na primeira época da radio española”, cóntanos Antonio González Millán, director deste museo que presume de que “todos os elementos son orixinais e non copias” e orgulloso de que se somen agora elementos “como o positivado da súa man e do seu rostro tomados tras o seu falecemento, nun costume habitual naqueles tempos de retratar aos falecidos” e que se están recompoñendo, ademais de pezas excepcionais “como un moai en madeira que se trouxo da súa viaxe a Chile, ademais do comedor completo e escritorio que Valle-Inclán tivo no propio pazo dá Mercé da Pobra”.
Ao que se sumará, aínda que para iso haberá que habilitar novos espazos “xa que o que hai no actual museo hai tempo que está esgotado”, a biblioteca persoal de consulta de Valle-Inclán, con exemplares nos que aparecen apuntamentos e notas do propio autor, “ademais da colección de libros dedicados que recibiu da intelectualidade universal da época, desde Rubén Darío a Azorín e outros moitos autores da súa xeración”.
E que se pretende poñer en parte “ao dispor do público”, aínda que a idea é poder dixitalizar todos os documentos e que poidan converter así á Pobra do Caramiñal e a Galicia “no centro de estudos valleinclanescos que queren os seus herdeiros, cumprindo ademais co desexo de Don Carlos e Dona Mercedes”, conta Antonio Gnzález Millán, en referencia aos pais do actual herdeiro deste legado, Joaquín do Valle-Inclán e que foron artífices da procura, recompilación e gardado de todo este patrimonio que agora se cede para o goce de todos os amantes da figura e obra do xenial escritor galego da Xeración do 98.

A cadean COPE realizou unha entrevista o director del Museo Valle Inclán de a Pobra, Antonio González Millán