Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados ao redor das 19:06 horas da tarde deste venres 20 de abril da existencia dun niño de avespas velutinas no interior dun pendello da rúa Mirandela, na Pobra do Caramiñal.
Este elemento estaba situado a unha altura de 1,5 metros, cunha avespa raíña no interior polo que o profesional encargado da eliminación tivo que ataviarse cun traxe específico.
Elimínase o niño e procédese á explicación tanto do ciclo deste insecto como da mellor maneira de realización de trampas caseiras para capturar o maior número de avespas raíña.




