A Casa da Cultura da Pobra acolle a mostra fotográfica “A Orixe: a diabetes, un camiño de vida”

18 Abril 2024

A Casa da Cultura da Pobra acollerá estes días unha exposición fotográfica que busca concienciar sobre a diabetes.

Baixo o título A Orixe: a diabetes, un camiño de vida, esta mostra abrirá ao público no 19 de abril, ás 20.00 horas, coas intervencións da concelleira da Cultura, Patricia Lojo, e da presidenta da Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (Anedia), María José Rego.

Trátase dun proxecto financiado pola área da Cultura da Deputación da Coruña, que emprega o camiño A Orixe como fío condutor para amosar as distintas etapas que atravesan as persoas despois do diagnóstico da diabetes; para iso, emprégase o formato de instantáneas captadas polo fotógrafo Víctor Manuel Martínez, coñecido como Pichero.

A entrada é libre ata completar a cabida da instalación municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.