A Pobra prepara un servizo de dixitalización para as empresas locais (os detalles danse a coñecer este 24 de abril)

17 Abril 2024

A Concellaría da Promoción Económica da Pobra do Caramiñal atópase estudando servizos relacionados coa dixitalización destinados ao sector comercial, hostaleiro e pequenas empresas do municipio. Os ditos servizos de balde estarían ofrecidos por unha das empresas implantadas no Coworking da Pobra ao abeiro do acordo de lle prestar á Administración local contraprestacións polo uso do dito inmóbel incluído na Rede Provincial de Espazos de Traballo Colaborativo.

Con relación a isto, a edil Amparo Cerecedo considera “interesante esta asistencia cara á dixitalización dos establecementos comerciais e hostaleiros, para se adaptar así ao contexto actual e aproveitar as tecnoloxías para incrementar o seu alcance.”

Por tal motivo, no 24 de abril desenvolverase unha xornada explicativa sobre os referidos servizos e quen podería acceder. Conscientes da diversidade dos negocios que compoñen o tecido económico local e, polo tanto, das posíbeis incompatibilidades de horarios, o Concello lanzou unha enquisa en liña con tres franxas horarias para elixir, para acudir á xuntanza. A intención é que a dita xornada conste de dúas reunións, dunha hora de duración cada unha, no propio Coworking.

Ao formulario pódese acceder xa a través da Rede.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.