O Concello da Pobra convoca unha asemblea veciñal para informar do proxecto de ampliación de Escurís S.L.

22 Abril 2024

Informar do impacto do proxecto de ampliación das instalacións de Escurís S.L. na contorna da Baiuca, ao abeiro da solicitude de declaración de interese autonómico formulada por JEALSA para a creación de solo que resolva as súas necesidades empresariais: este é o obxectivo da asemblea veciñal que convocan conxuntamente as concellarías do Urbanismo e do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal para martes, 23 de abril, ás 20.00 horas, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.

O edil titular destas áreas, Xosé Lois Piñeiro, esgrime que se organiza esta xuntanza para que a cidadanía, especialmente a residente na contorna da factoría, coñeza polo miúdo a iniciativa empresarial e a repercusión desta no aspecto urbanístico e medioambiental. A solicitude da compañía xa recibiu os informes favorables pola parte do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo (DXOTU) con relación á súa petición e, agora, a institución autonómica abre un prazo de 2 meses para que o Concello se pronuncie ao respecto, de consideralo oportuno.

Durante a reunión veciñal darase tamén conta dos informes técnicos emitidos pola Administración local con relación a isto. Preténdese, polo tanto, recolle-la percepción da sociedade e as propostas sobre o proxecto empresarial para incorporalas ás alegacións que, segundo confirma Piñeiro, presentará o Concello.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.