O vindeiro 17 de maio celebrarase a nova edición do Día das Letras Galegas e a Real Academia Galega xa está a mobilizar recursos para celebralo ao grande, tanto con actividades físicas (de formato tradicional) como con propostas na Rede. Todas as accións previstas...
O Elma convértese en Cinema Marabillas da man de Raquel Quizás
A contadora e escritora Raquel Quizás vai representar a súa función Cinema Marabillas este 11 de febreiro no Teatro Cine Elma da Pobra do Caramiñal, a partir das 11.00 horas. Na función, encadrada na nova edición do certame de teatro escolar da Pobra, participará o...
A web do Museo de Pontevedra reúne todos os seus recursos e contidos sobre Castelao
O sitio web do Museo de Pontevedra prosegue este mes de febreiro o seu intenso traballo dirixido a reivindicar o legado de Castelao, coincidindo coa celebración (este 2025) do 75 cabodano do falecemento do escritor rianxeiro en Bos Aires. A semana pasada, o Museo...
O Concello de Muros celebra o mes de Rosalía cunha axenda especial de actividades
O Concello de Muros, a través do seu departamento de Cultura, organiza o programa O Mes de Rosalía, unha axenda que inclúe unha manchea de actividades para conmemorar en febreiro a figura e legado de Rosalía de Castro. Con música, contos e narración oral, esta...
A Casa da Cultura do Son acollerá o día 10 un recital de piano de novas promesas locais da música Carla Morales Alvariza e Mara Oujo Maneiro
A Casa da Cultura de Porto do Son acollerá o vindeiro 10 de febreiro un recital de piano único da man de Carla Morales Alvariza e Mara Oujo Maneiro. O concerto, que dará comezo a partir das 20:30 horas, reúne a dúas novas promesas da música que deleitarán ao público...
Carlos Callón, Xurxo Ayán e Daniel Macua presentan unha camisola que saca do esquecemento as dúas parellas gais máis antigas da nosa historia
Na mañá deste 7 de febreiro presentouse en Santiago de Compostela, na Libraría Couceiro, unha nova iniciativa saída do libro Vidas e historias LGBT da Idade Media (Edicións Xerais) de Carlos Callón (Castiñeiras, Ribeira, 1978) destinada a mostrar algúns testemuños...
A AMEGA e a Deputación poñen na Rede unha guía didáctica sobre a historia dos medios en galego
A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) da que forman parte O Barbanza e Código Cero, vén de lanzar a guía didáctica Coñecendo a historia dos medios en galego, un recurso educativo que busca achegar ao alumnado do ensino secundario a realidade do xornalismo na nosa...
Anxos Castro presenta este sábado no Son o libro “Conversas comigo mesma & Emociones arrítmicas”
O Centro de Interpretación do Castro de Baroña acollerá este 8 de febreiro, a partir 18:00 h, a presentación do libro Conversas comigo mesma & Emociones arrítmicas, da autora Anxos Castro Parada. O acto contará coa presentación de Alicia Martínez Maneiro,...
Heredeiros da Crus presentan “De-Nunzia-nos” segundo sinxelo do seu novo álbum, “Tranquimasin”
A banda barbanzá Heredeiros da Crus, referentes do panorama rockeiro en galego e abandeirados do movemento bravú, regresan este mes de febreiro cun novo single que marca outro fito na súa carreira, De-Nunzia-nos, que podemos escoitar xa nas plataformas e que se suma...
O filme “+ Cuñados”, do noiés Luís Avilés, nomeado a Mellor Longrametraxe nos Mestre Mateo
Susana Sampedro, actriz de Ribeira, e o deseñador de son David Machado anunciaron este 6 de febreiro as candidaturas finalistas da vixésimo terceira edición dos Premios Mestre Mateo, nun acto celebrado no Pazo da Deputación de Pontevedra. Xunto ao anuncio de...
O Arquivo da Catedral de Santiago pon na Rede o fondo fotográfico de José Limia
Desde estes xoves 6 de febreiro é posible consultar no catálogo online do Arquivo da Catedral de Santiago o fondo fotográfico do sacerdote José Limia Rodríguez, constituído por un total de 193 negativos en placas de vidro realizadas entre 1894 e 1910, que chegaron ao...
AGADEA e a Secretaría da Lingua presentan a 4ª edición do certame de literatura infantil “Simbad para o Recordo e o Alzhéimer”
Este xoves 6 de febreiro celebrouse en Santiago a presentación da cuarta convocatoria do Premio de Literatura Infantil Simbad para o Recordo e o Alzhéimer, iniciativa creativa e solidaria impulsada pola Asociación Galega de Axuda aos Enfermos con Demencia Tipo...
Carlos Callón presentará na Libraría Couceiro un proxecto de camisolas inspiradas no seu libro “Vidas e historias LGBT da Idade Media”
O escritor Carlos Callón (Castiñeiras, Ribeira, 1978) vai estar este 7 de febreiro en Santiago, na Libraría Couceiro, para presentar un proxecto de camisolas inspiradas no libro Vidas e historias LGBT da Idade Media: un acto de reivindicación e visibilidade fronte aos...
Ramón Villares reivindica “Sempre en Galiza” de Castelao como unha obra que segue viva porque ofrece “un futuro de esperanza”
A Real Academia Galega, a través do escritor e investigador Ramón Villares, reivindicou este mes de febreiro un libro capital da historia das nosas letras, Sempre en Galiza, do rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Fíxoo no marco do intenso programa que...
Últimos días para visitar en Rianxo a mostra “Os homes, por Castelao”
O Concello de Rianxo lembra que esta semana constitúe a recta final para visitarmos a exposición Os homes, por Castelao, na colección de Roberto Taboada, unha mostra de gravados organizada polo Concello de Rianxo e a Fundación Fundación Museo de Artes do Gravado á...
A Real Academia Galega de Ciencias entrega os”Premios de Investigación Fundación Barrié-RAGC a sete equipos galegos
A Real Academia Galega de Ciencias inaugura o seu curso destacando a excelencia científica galega. “O Proxecto Xenoma de Galicia, que abrangue o 15% da poboación galega, é o máis ambicioso a nivel mundial”, salienta o catedrático ÁngelCarracedo na apertura do novo...
A mostra do XVIII Premio Internacional Jesús Núñez xa pode verse no Lustres Rivas de Ribeira
Este mércores 5 de febreiro presentouse en Ribeira exposición do XVIII Premio Internacional Jesús Núñez, un acto no que interviñeron a concelleira de Cultura, Antía Alberte, a concelleira de Educación, Cruz Rivadulla e o dinamizador cultural do concello, Unai...
Duende Sico representa a obra “A mestra de lingua” ante a rapazada da Pobra (este xoves no Elma)
Proseguen na segunda metade desta semana as actividades da Mostra de Teatro Escolar da Pobra do Caramiñal, edición 2025. Será este xoves 6 de febreiro no Teatro Cine Elma a partir das 11.00 horas. Representarase a obra A mestra da lingua, da compañía Duende Sico,...
O Concello de Boiro organiza unha viaxe ás terras de Rosalía cos Quinquilláns
Con motivo do Día de Rosalía 2025, o Concello de Boiro prepara unha viaxe cultural ás Terras de Rosalía programada para o vindeiro sábado 15 de febreiro. Para participar é necesario inscrición previa, que se pode formalizar xa na Casa da Cultura. A actividade...
A ribeirense Sonia García elixida como ilustradora do cartel dos Premios de Teatro María Casares
A XXIX edición dos Premios de Teatro María Casares está a prepararse para a súa gala de entrega que terá lugar o xoves 3 de abril no Teatro Rosalía Castro da Coruña e como todos os anos dende 2017 encárgase a ilustración dos carteis a diferentes artistas. Desta volta...
As “Memorias gravadas” de Xan Leira recalan este venres no Museo do Gravado de Artes
O Museo do Gravado de Artes (Ribeira) vai inaugurar este venres 7 de febreiro unha nova mostra nas súas salas: a exposición 807/36 memorias gravadas de Xan Leira. Será ás 20.00 horas deste venres na sala 0 do Museo do Gravado, e contarase coa presenza do artista, do...
A mostra “Os Maragatos da Porta de San Pedro” recala na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago
A mostra Os Maragatos da Porta de San Pedro xa se pode contemplar estes días na Biblioteca Pública Ánxel Casal de de Santiago. A exposición foi inaugurada este luns 3 de xaneiro e ficará visíbel até o día 15 deste mesmo mes. A mostra está organizada polo Colectivo...
Alfredo Conde gaña a 32ª edición do “Premio Puro Cora” e o XXXI Premio “Álvaro Cunqueiro” polo seu traballo ‘E se voara’, sobre a gastronomía de Lalín
O escritor Alfredo Conde Cid é o gañador da edición deste ano, da trixésimo segunda, do Premio Puro Cora, convocado polo Grupo O Progreso. O xurado tomou a decisión, por unanimidade, en recoñecemento a "toda unha traxectoria literaria e xornalística de gran altura,...
A serie “A arte de ser mal pai”, protagonizada polo boirense Xosé M. Esperante, dispoñíbel na plataforma Agalega
A arte de ser mal pai, protagonizada por Xosé M. Esperante (Lampón, Boiro,1976) chega á TVG e á súa plataforma de streaming Agalega. A nova comedia de Óscar Cruz e Jorge Boquete estreouse na plataforma esta fin de semana tralo seu paso polos máis prestixiosos...
O Festival Converxencias celebrarase até o 15 marzo en Braga, Padrón, Ponteareas, A Estrada e Santiago
O Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho (Portugal) e o grupo musical Canto d'Aquí organizan unha nova edición do Festival Converxencias Portugal-Galicia, que celebra a súa 11ª convocatoria cunha ampla programación composta por música, danza, teatro,...
Os empresarios de Ribeira agasallan entradas para o concerto de Remember Queen e a actuación do mago Dani Polo
A Asociación de Empresarios de Ribeira iniciou este mes de febreiro unha nova campaña, Cultureando por Ribeira, que comezou oficialmente este luns día 1 e que inclúe un sorteo dirixido a todos os clientes que fagan as súas compras e consumicións nos establecementos...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“Impunidade financeira” – José Manuel Pena
Xa case nada nos debe sorprender con certas entidades financeiras e con algúns responsables de asociacións de bancos e caixas do noso país cando din que o sistema hipotecario español “é bo e un dos mellores da Unión Europea” e cando alegremente, sen ruborizarse...
“O Depor está de volta” – José Castro López
Para o deportivismo, o domingo 24 foi un día longo, de calma tensa e emoción contida ata que o resultado final desatou a paixón dos seareiros que, en Zorrilla e na Coruña, reviviron aquelas tardes de grandes triunfos despois de que, en palabras do alcalde Tierno, once...
“Unha frase para reflexionar: o que poda facer, que faga” – Antón Luaces
De cara a unha moción de censura que reclaman socialistas da talla de Felipe González e García-Page, Vox e unha parte do PP, a frase pronunciada por José María Aznar o 2 de novembro de 2023 ("O que poda facer, que faga") recupera estes días un valor que a oposición a...
“Merlín”. Xulio Xiz
Estoutro dia fun traballar a unha gran superficie en Duquesa de Lugo. Non é que sexa amigo do dono, pero cáeme ben. O nome figura na portada: Merlín. Ten que ser alomenos vinte veces máis vello ca min, pero seica Cunqueiro tratou con el. Aquí cítano como rei,...
“Pactar pola lingua e a cultura. Xestos e accións”. Xosé Antonio López Silva
O presidente da RAG escribiu o pasado 17 de maio, con motivo das Letras Galegas, que “é tempo de acordos xenerosos que impulsen accións eficaces”. Non era unha frase retórica, senón unha análise e unha chamada á acción. E merece ser escoitada, porque...



























