Rianxo acolle esta “finde” o XIV Seminario Sobre A Memoria

02 Xuño 2025

Rianxo vai acoller esta semana, o sábado e o domingo 6 e 7, a XIV edición do Seminario sobre a Memoria: Os desastres da guerra, organizado por Nova Escola Galega, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza (CRMH Barbanza), o IES Félix Muriel e o Concello de Rianxo, coa colaboración doutros colectivos.

Celebrarase no IES Félix Muriel (Rianxo) cunha sesión en Compostela. Terá unha extensión de 12 horas (en trámite a homologación pola Consellería de Educación).

Quen precise consultar o programa, pode descargalo da Rede.

Segundo sinalaron as entidades organizadoras, a presente convocatoria do Seminario constitúe “unha proposta para a reconstrución da memoria democrática no contexto escolar coa que se pretende suxerir aos asistentes unha reflexión sobre o fenómeno da represión, sobre a desapiadada depuración sufrida pola poboación e, especificamente, en Rianxo e Compostela”.

O obxectivo último do Seminario persegue “posibilitar un mellor coñecemento do noso pasado máis recente e provocar tamén que a actualización dos coñecementos sobre os temas abordados nesta edición contribúa, no alumnado indirectamente beneficiario da reflexión, á comprensión do presente e á adopción dunha actitude responsable e solidaria na defensa da liberdade, da democracia e da xustiza”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.