Este sábado 31 de maio celébrase a 3ª edición do festival Noia En-Cántame

27 Maio 2025

A vila noiesa vai celebrar esta fin de semana a segunda edición do programa Noia En-Cántame. O programa de actividades, presentado os días pasados polo concelleiro de Cultura, Pepe Pérez, inclúe música en directo en dous emprazamentos emblemáticos da localidade, achegando concertos a veciños e visitantes durante toda a xornada do sábado 31 de maio.

A entrada aos mesmos será libre até completar o aforo.

O edil explicou que nesta edición os concertos realizaranse en dúas sedes diferentes e “moi representativas cultural e turisticamente” como son Santa María A Nova e o Coliseo Noela. As actuacións comezarán en Santa María ás 12.30 horas coa Coral Feminina Barbanza e Habanoia, e proseguirán pola tarde, no mesmo emprazamento, a partir das 18.30 horas, co Coro Xuvenil Aires do Atlántico e o Grupo Vocal e Instrumental Atlántico. A partir das 20.30 a actividade musical trasládase ao Coliseo Noela, con Canta Paranoia e o Grupo A Misela.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.