O Concello de Muros pide á veciñanza que deposite de xeito correo os seus residuos

31 Maio 2025

O Concello de Muros emitiu un comunicado no que solicita á veciñanza que deposite de forma correcta os seus residuos. Dende o Consistorio fan saber tamén que nas últimas semanas foron depositados ao carón dos puntos limpos móbiles e dos contedores diferentes aveños contaminantes e voluminosos (móbeis e colchóns) ou restos de obra de forma incorrecta. Lembran que manter o concello limpo e sostíbel é responsabilidade de toda a veciñanza e que “deixar os refugallos en lugares inadecuados pon en risco a saúde das persoas e contamina o medio ambiente”. O Concello de Muros tamén recorda que o Punto Limpo de Muros está emprazado nas Lombas do Pedreiro (Serres) e o seu horario de atención ó publico é os martes, mércores e xoves de 10:00 a 14:00 horas e os sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Para o servizo de recollida gratuíta de móbeis e aparellos, a veciñanza pode chamar de luns a venres en horario de 11.00 a 13.00 horas ao 639 107 638.

Ademais, o Concello publica todos os venres nas súas redes sociais onde están localizados os puntos limpos móbiles o os residuos que é posíbel depositar neles. O equipamento itinerante de recollida de aveños estará situado en Torea até o 6 de xuño. O de máis pequeno tamaño atópase en Tal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.