Roberto Mera presentou na Fábrica de Sel o seu libro sobre Alejandro Viana e o seu sacrificio cos refuxiados republicanos trala contenda do 36

01 Xuño 2025

A sede da antiga Fábrica de Sel en Muros acolleu a presentación do libro Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicano’, de Roberto Mera Covas, que acudiu á cita acompañado da alcaldesa María Lago e máis da concelleira de Lingua, Laura Rivadeneira. Na presentación o autor repasou os principais feitos da vida de Alejandro Viana, protagonista do libro, que salvou a milleiros de refuxiados republicanos tras a Guerra Civil.

“Esta obra é un acto de xustiza con persoas como Alejandro Viana, que deron a cara polos demais e demostraron a súa heroicidade nun contexto moi complicado”, afirmou María Lago, quen lembrou que a obra, publicada polo selo editorial Belagua, obtivo entre outros recoñecementos o Premio de Investigación e Ensaio Antón Losada Diéguez 2022.

Sinopse

Na Europa ocupada polos nazis miles de exiliados republicanos españois devecían por chegar a América para salvar as súas vidas. Entre eles atopábase Alejandro Viana Esperón (Ponteareas, 1877 - México DF, 1952), deputado republicano de esquerdas ao que ben se podería alcumar como o Schindler galego.

Á fronte de varias organizacións humanitarias, entre elas o Ser­vicio de Evacuación de Refugiados Españoles,  Alejandro Via­na organizou dende Francia a saída de miles de refuxiados nunha trintena de expedicións marítimas colectivas a distintos países de América, na súa maioría a México.

Cos alemáns en Francia, Viana arriscou a súa vida para continuar axudando os exiliados até que, acosado pola Falanxe e a Gestapo, emprendeu en 1941 unha desesperada fuxida. Logo de once meses de anguriante viaxe por África, logrou chegar a México. Alí reencontrouse tempo despois coa súa dona, tras once anos de separación, e viviu coa certeza de que xamais podería retornar á súa terra.

Sobre o autor

Roberto Mera Covas (Ponteareas, 1971), é licenciado en Dereito e Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santia­go de Compostela. É avogado e politicólogo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.