Literatura, música, deporte e maxia na programación de xuño do Concello de Rois

02 Xuño 2025

Literatura, música, deporte e maxia forman parte da ampla programación do Concello de Rois para o mes de xuño.

María Losada presentará o vindeiro venres, día 6, o seu segundo libro, El club de los neurodivergentes. Más que todo. O acto será no auditorio municipal a partir das 19.00 horas, e no mesmo participarán Marisol García Penalta e Montserrat Triñanes Rodríguez, xerente e vicepresidenta da Asociación Galega de Asperger. A cita servirá para reflexionar e coñecer máis polo miúdo a diversidade e a neurodiverxencia da man dunha autora que, ademais de docente, é unha activa divulgadora.

O sábado, día 7, está programada unha excursión á Semana Verde de Silleda para persoas empadroadas en Rois. O prazo para anotarse remata o mércores día 4 no enderezo electrónico inscricions@rois.gal ou chamando ao 981 816 061.

O día 11 inaugúrase a exposición de traballos realizados polo alumnado que acudiu aos cursos de Palillos e vainica e ao de Arte e creatividade. A exposición poderá visitarse no edificio multiúsos durante as seguintes semanas.

As actividades deportivas tomarán o relevo o sábado día 14, coa celebración do II Torneo Infantil de Tenis do Santo Isidro, que se vai disputar no polideportivo de Rois a partir das 10.00 horas.

O mércores 19 o alumnado que participou nas escolas deportivas municipais pechará o curso con dúas exhibicións de todo o que progresaron este ano. O acto de clausura comezará no polideportivo de Urdilde a partir das 10.30 horas. Pola tarde celebrarase outra gala no Pavillón de Rois, a partir das 16.00 horas.

E coincidindo co comezo das vacacións de verán nos colexios, o Concello de Rois abrirá o sábado 21 de xuño a piscina municipal de Senra a partir das catro da tarde. Este ano, a principal novidade é que que para acceder á mesma será necesario presentar un carné que se pode obter enviando un correo a inscricions@rois.gal facilitando nome, apelidos, enderezo das persoas solicitantes e o xustificante de pagamento. Os carnés recolleranse no edificio multiúsos.

Os prezos para acceder este ano a piscina, para a veciñanza empadroada en Rois, serán de 5 euros por temporada para maiores de 10 anos e de 12 euros para familias completas. Os menores de 10 anos terán acceso gratuíto, pero tamén necesitan o carné. Os prezos para persoas non empadroadas será de 1 euro/día para menores de 4 a 10 anos, e de 2 €/día para maiores desa idade. Os menores de 4 anos accederán de xeito gratuíto.

Ese mesmo sábado, 21 de xuño, celebrarase no Polideportivo de Urdilde o xantar para celebrar o fin de actividades municipais para persoas adultas. O prazo de inscrición remata o 15 de xuño. O día 28 volve celebrarse no campo da festa de Urdilde a xornada de labores ao aire libre durante todo o día.

A música collerá o protagonismo o domingo 22 na festa de Sorribas, coa actuación da Banda de música de Padrón ao mediodía co programa Cultura Dispersa. Dous días máis tarde, o mércores 24, será DJ Babi quen anime as festas de Buxán á noitiña.

A Escola municipal de Música volverá a ofrecer un concerto o domingo 29 pola tarde, coa actuacións das diferentes agrupacións da ESMU.

O mes rematará coa maxia. A compañía Magia en la manga levará o seu espectáculo Quen quere ser mago? ao campo da festa de Rois a partir as 12.00 horas, neste caso, dentro do programa Cultura no Camiño.

Para celebrar algunhas destas actuacións, o Concello de Rois conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Boiro acomete obras de pavimentado nolugar de Cubeliños

O Concello de Boiro está a executar obras de pavimentado no lugar de Cubeliños, na parroquia de Cespón. O alcalde, José Ramón Romero, achegouse ata a zona para comprobar sobre o terreo o desenvolvemento dos traballos. A actuación forma parte dun proxecto máis amplo de...

+

A viaxe de Verne cobra vida no Museo do Gravado de Artes

O Museo do Gravado de Artes inaugura unha nova exposición dedicada a Jules Verne. Viaxe ao centro da terra, da man das ilustracións de Ignacio Hernández Suñer, coñecido como Íñigo. A mostra, que poderá visitarse ata principios de agosto, forma parte da...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

“Fillos da máquina”. Luís Celeiro

Era tan grande que non se vía. Ocupaba a sombra toda e, ao mirala, era de noite seguido. Non se víanada. Pero, aquel amigo tiña consigo unha teima teimuda, pensaba na ciencia, miraba para astradicións e os costumes, sacaba o bico pola galería de madeira e, ao chegar a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.