Antonio Nodar presenta este venres en ULA Libraría Social o libro fotográfico “From portrait to self-portrait”

27 Maio 2025

ULA Libraría Social, con sede na Serra de Outes, vai acoller este venres 30 de maio, ás 19.30 horas, unha nova presentación editorial. Trátase da presentación do libro fotográfico From portrait to self-portrait (Do retrato ao autorretrato) do artista Antonio Nodar. É un traballo que recolle retratos de artistas recoñecidos a nivel internacional e se lles convida a manipular o propio retrato para xerar una obra de arte.

O libro documenta e rexistra un proxecto innovador e pioneiro de Antonio Nodar, que desde o 1996, non parou de fotografar artistas polo mundo, retratándoos en branco e negro. A metodoloxía foi a seguinte: cada artista recibía a súa fotografía e devolvíaa despois de intervir sobre ela con total liberdade.

Nodar, un dos máis prestixiosos artistas do panorama actual galego, é natural de Baíñas (Vimianzo). Ten residido en París e Londres. Para o seu proxecto Do retrato ao autorretrato viaxou por cidades como París, Londres, Barcelona, Kathmandu, Pokhara, San Salvador ou A Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.