A Pobra asina un éxito de asistencia na estrea de “Adeus, Berta” enchendo o Cine Elma

24 Maio 2025

O Cine Elma quedou pequeno para recibir a todas as persoas que quixeron asistir á estrea de Adeus, Berta. A actividade, encadrada dentro do programa da Concellería de Cultura ‘Maio das Letras’, asinou un auténtico éxito en cifras de asistencia. Así o confirmou a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, agradecendo o interese do público asistente “que puido gozar dunha curtametraxe ambientada na Pobra e na que puidemos ver lugares moi recoñecibles para calquera veciño ou veciña”.

Ademais da propia proxección da peza audiovisual, a proposta incluíu unha charla-faladoiro na que as persoas asistentes tiveron a ocasión de facer as súas preguntas ao director, Fernando Tato, e a outros membros do equipo de produción. A actividade completouse cun cóctel, sesión de música a cargo dun DJ e photocall.

A Pobra, protagonista da peza

A Pobra do Caramiñal foi a grande protagonista de Adeus, Berta. A curta conta a historia de Alicia, unha rapaza chega á casa dos seus pais, situada no municipio. Será alí onde se volverá atopar coa súa irmá Berta, que acaba de saír dun centro de rehabilitación. Nesta situación, Alicia acaba por mudarse á Pobra, escenario do reencontro e tamén lugar onde ambas as irmás terán que curar as súas vellas feridas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.