Este mércores póñense a venda as entradas para os monólogos de Eva y Qué e Oswaldo Digón en Ribeira

27 Maio 2025

O vindeiro mércores 28 de maio ás 9:00 h comezará a venda simultánea de entradas para os dous vindeiros monólogos no Auditorio Municipal de Ribeira, achegados por Eva y Qué? (A por el bote, o 20 de xuño ás 21.30 horas) e Oswaldo Digón (Outra movida, o 27 de xuño ás 21.15 horas).

A venda de entradas será de xeito presencial na OAC da Casa do Concello e de xeito paralelo tamén será posíbel mercalas en liña en Ataquilla.com.

O espectáculo de Eva terá un custe de 14 € máis gastos de xestión e o de Oswaldo terá un prezo de 12€ + gastos de xestión.

O de Oswaldo Digón está organizado por Espectáculos A Cantaruxa e a Concellería de Cultura de Ribeira que dirixe Antía Alberte.

O de Eva y Qué? está organizado pola empresa local Funcando Eventos e a Concellería de Cultura de Ribeira (unha nova empresa local de eventos que se suma a A Curotiña, Aquelarre, A Cantaruxa).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.