Noia Harp Fest lamenta fondamente o pasamento do arpista Emilio Cao

26 Maio 2025

A organización do festival Noia Harp Fest emitiu un comunicado no que mostra o seu fondo pesar polo falecemento dun dos grandes representantes da música tradicional galega e, en boa maneira, un dos principais modelos de inspiración do festival noiés: o arpista Emilio Cao,, recoñecido artista e magnífico intérprete da arpa celta, instrumento que el mesmo introduciu no país coa publicación do seu aclamado álbum Fontes de Araño (1977), que supuxo toda unha revolución para a escena da música folk.

Precisamente Noia Harp Fest salientou “o papel de Emilio Cao” coa homenaxe que se lle rendeu na décima edición (verán de 2023), durante a celebración do primeiro Encontro do Alumnado das Escolas de Arpa de Galicia. No marco deste pioneiro encontro, as e os estudantes máis novos do país interpretaron, conxuntamente e co apoio do codirector do NHF Rodrigo Romaní, o mítico Vals do Mencer composto por Cao.

O músico compostelán Emilio Cao morreu este domingo 25 de maio aos 72 anos de idade no Hospital Clínico de Santiago. Foi un dos grandes creadores da música folk da Galiza. Como dixemos, en 1977 edita o seu primeiro disco, Fontes do Araño, que o consagrou daquela como unha das grandes promesas da tradición arpista de alicerce celta. Contou para esta obra magna inaugural coa colaboracións de Xoán Piñón á guitarra eléctrica, Antón Seoane á zanfona e xilófono, Xosé Ferreiros na gaita percusión e Bernardo Martínez na frauta.

Máis tarde viñeron outras obras maiores como A lenda da pedra do destiño, No manto da auga, Amiga Alba e delgada, Cartas Mariñas ou Sinbad en Galicia.

Como dixemos, en 2023, coincidindo o décimo aniversario do Noia Harp Fest, foi recoñecido polo alumnado das escolas galegas de arpa. En 2024 obtivo o co galardón de honra dos Premios Martín Códax da Música pola súa contribución á presenza no mundo da música galega.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.