Huecco, Galician Army e Kiko Venero actuarán en Ribeira este verán

30 Maio 2025

O Concello de Ribeira acolleu este 30 de maio a presentación dalgunhas actuacións que se van confirmando para o vindeiro verán 2025 dende a concellería de Festexos dirixida por Francisco Suárez-Puerta. Nesta presentación o edil estivo acompañado polo concelleiro de Mar, Fernando Abraldes. Os concelleiros explicaron aos asistentes a intención de “ir adiantando os eventos musicais que imos ter ao longo deste verán, tanto nas Festas de Agosto coma na celebración da patroa”.

Suárez Puerta quixo dar as grazas polo traballo realizado por parte dos técnicos de Festexos “para poder pechar estas contratacións así como os temas de produción que requiren estas actuacións de gran formato”.

O concelleiro primeiramente presentou a actuación de Huecco, que será na explanada portuaria (á altura de García Bayón) o día 1 de agosto. Explicou que Huecco o nome artístico de Iván Sevillano Pérez, cantante orixinario de Plasencia (Cáceres), coñecido por a súa fusión de rock, flamenco e ritmos latinos. Desde o seu debut en solitario en 2006, obtivo éxitos tanto en España coma no eido internacional.

Engadiu que “a continuación deste concerto o mesmo día 1 de agosto imos ter a Galician Army, que son uns produtores e DJs galegos que teñen unha proxección importantísima tanto a nivel autonómico como a nivel nacional”. Este dúo de produtores son asiduos dos festivais coma o O Son do Camiño, Festival de la Luz, PortAmerica, Sonorama, Caudal Fest ou o Atlantic Fest. A súa proposta artística caracterizase por fusionar sons electrónicos contemporáneos con influencias retro, especialmente dos anos 80, e elementos da música tradicional galega. Galician Army inspírase en artistas como Daft Punk, Vangelis, Pet Shop Boys e Hans Zimmer.

O concelleiro de Festexos informou que estes dous concertos celebraranse o venres das Festas de Agosto na explanada portuaria, “que se recuperou o ano pasado cunha grande aceptación por parte da hostalería de García Bayón, que viñan apreciando que dende durante anos non se lle facía ningún

tipo de actividade neste espacio durante as Festas de Ribeira”.

O segundo tenente de alcalde salientou tamén que a día de hoxe como Goberno estamos a recuperar e seguir diversificando as zonas de concerto “para non afectar aos veciños con eventos constantes no mesmo espazo durante tódolos días das festas e tamén para que tódolos negocios de hostalería e comercios poidan beneficiarse de todo tipo de actividades”.

Par finalizar Suárez-Puerta presentou a actuación de Kiko Veneno que actuará o Día de Santa Uxía, o 13 de setembro.

Explicou que José María López Sanfeliu, máis coñecido como Kiko Veneno, é “unha figura esencial na música española, recoñecido pola súa innovadora fusión de flamenco, rock e pop, que dende os seus inicios nos anos 70 até a actualidade, mantivo unha carreira activa e relevante”. Ao longo da súa traxectoria, Kiko Veleno lanzou numerosos álbums que deixaron pegada na música española; co-autor da Leyenda del tiempo con Camarón de la Isla, Kiko Veneno é responsábel de Volando voy, que é unha rumba flamenca convertida hoxe en día nun dous temas máis populares do disco e da musica española.

Kiko Veleno foi galardoado con múltiples premios ao longo da súa carreira: Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes (2009), Premio Nacional de Músicas Actuais (2012), Premio Mario Pacheco a toda a súa carreira pola Unión Fonográfica Independente (2020). Ademais, en abril de 2025, foi incluído no Salón da Fama da Música Hispana, recoñecendo a súa extensa e exitosa traxectoria.

Suárez-Puerta rematou falando da variedade das propostas “fusionando música latina, con electrónica galega de fusión xunto cun gran clásico da música española”. O concelleiro do Mar manifestou o grande e variado nivel das propostas que se van pechando para o verán.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...