Rianxo achega a edición 2025 do seu Campamento de Teatro de Verán, para a mocidade de 12 a 17 anos

28 Maio 2025

O Servizo de Xuventude do Concello de Rianxo organiza a edición 2025 dunha innovadora (e creativa) proposta de conciliación e formación estival: o Campamento de Teatro Verán, dirixido á mocidade de 12 a 17 anos. Durante o transcurso desta actividade realizaranse actividades de interpretación, creación, improvisación, radio-teatro, xogos, saídas e “moito máis”, segundo informou a concelleira Ana Vidal. A actividade desenvolverase entre o 30 de xuño e o 11 de xullo, en horario de 10.00 a 14.00 horas, no Auditorio de Rianxo. O prazo de inscricións estará aberto ata o 12 de xuño ou ata esgotar prazas. Quen precise máis información e unha canle para formalizar as inscricións pode visitar a web municipal.

Segundo recalcou o Servizo de Xuventude, “o Campamento de Teatro pretende ofertar unha actividade lúdica e eminentemente práctica que achegue coñecementos básicos do teatro aproximando esta vía de expresión artística ás/aos participantes”.



Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.