Un incendio rexistrouse esta tarde nunha casa situada en Abanqueiro, no municipio de Boiro. O aviso foi recibido na central do 112 pasadas as seis da tarde, o que mobilizou aos bombeiros do parque de Boiro, a Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil. Segundo...
En Boiro o titular do Mar enxalza os traballos para elevar a produtividade dos bancos marisqueos na Ría de Arousa e visita as instalacións deste colectivo
O conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares, visitou esta mañá en Boiro as instalacións da Cooperativa Ría de Arousa, uncolectivo composto por máis de catrocentos socios que xestiona os bancos marisqueiros situados nas praias de Abanqueiro e ante os que...
Editores de Europa e América Latina apelan á liberdade de información como piar da democracia
Tras clausúra do VII Congreso de Editores Europa América Latina, celebrado en Bruxelas, aprobáronse unha serie de conclusións que serán elevadas ás autoridades de cada país e á Comisión e o Parlamento europeos. Estas conclusións abarcan unha ampla gama de temas que...
En Boiro “Historias moi necesarias e que merecen ser contadas”.
A casa da cultura de Boiro acolle ata o 26 de abril unha ampla variedade de actividades culturais que comezaron no 8M, Día da muller, abrindo a programación coa obra de teatro familiar, Monstros. O parque da Cachada será testigo ata finais de abril dunha serie de...
Inaugurada a exposición Tesouros Reais, que trae a Galicia, como destino único en España, obras do Museo Terra Santa de Xerusalén
Destaca o nexo de unión entre Santiago de Compostela e Xerusalén como dúas das cidades santas da cristiandade, xunto a Roma O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, inaugurou hoxe a exposición Tesouros Reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum no Museo...
Venres seguimos con sol e calor. Semana Santa con mal tempo
Este venres de Dores, teremos unha circulación moi marcada do nordés. Con esta situación, agárdanse ceos con máis nubes canto máis ó norte, onde mesmo podería haber algún orballo ocasional máis probable durante á tarde e últimas horas do día. As temperaturas mínimas...
O Sergas incluirá a partir de setembro a vacina intranasal da gripe para nenos de 2 a 5 anos
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) administrará a partir do mes de setembro a vacina intranasal contra a gripe aos nenos de entre 2 e 5 anos, segundo avanzou este xoves o presidente da Xunta, Alfonso Rueda. Na conferencia de prensa posterior á reunión semanal do seu...
En seis paneis, o VII Congreso de Editores explorou os retos xornalísticos en Europa e América Latina
Editored.- O segundo día do Congreso de Editores de Europa e América Latina, o Congreso de EditoRed, estivo dedicado á análise de seis temas de altog alto interese para os comunicadores de ambos os continentes. A xornada iniciouse no edificio do Senado, en Madrid,...
Centos de veciños concentraronse este serán en Ribeira en memoria de Andrea
Convocados pola Corporación de Ribeira, centos de veciños concentraronse este serán no Malecón da capital en repulsa polo crime machista acontecido este martes 19 en Palmeira no que foi asainada Andre Yturry Alave, de 25 anos de idade. No acto procedeuse a ler un...
Palmeira manifestarase este xoves contra o asasinato da súa veciña Andrea
Convocados por varias organización entre elas a Asociación de Mulleres da Barbanza, a vila de Palmeira está chamada a concentrarse no serán deste xoves polo asasinato da veciña Andrea Yturry Alave. A maniestración será no Adro da Igrexa Parroquial a partir das 20.30...
Xoves con sol e temperaturas altas
Durante o xoves a situación dunha baixa ó suroeste da península canalizará cara Galicia aire cálido. Así que, teremos néboas en comarcas do interior que se irán disipando, quedando algunhas nubes altas que non impedirán o paso do sol, ceos máis nubrados no extremo...
Os servizos de emerxencias rescatan a un home tras caer ao río no Pindo, en Carnota
Nunha acción coordinada entre os Bombeiros de Cee, voluntarios de Protección Civil e axentes da Policía Local levaron o ferido nunha padiola ata onde agardaba o equipo médico. O accidente produciuse sobre as doce do mediodía na desembocadura do río, no Pindo en...
O suposto asasino de Ribeira fora denunciado por violencia machista nunha relación anterior
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, confirmou este mércores que sobre o suposto asasino do crime de Ribeira pesaba unha denuncia por violencia machista dunha parella anterior. O martes pola tarde un home matou, presuntamente, a súa exparella,...
A Unidade Pastoral de Ribeira e Cáritas Parroquial condenan enerxicamente calquera forma de violencia machista
A Unidade Pastoral de Ribeira e Cáritas Parroquial nun comunicado feito público esta tarde, condena enerxicamente calquera forma de violencia machista.Como institución comprometida coa promoción da dignidade humana e a xustiza social, A UPA de Ribeira e Cáritas,...
Ribeira chama á cidadanía a concentrarse en repulsa o asasinato de Andrea. A Corporación celebra Pleno Extraordinario para declarar loito oficial
Tal como vimos informando en "obarbanza.gal" onte rexistrouse un novo caso de violencia de xénero en Galicia ,o primeiro deste ano na Comunidade, desta volta foi na nosa comarca. Unha muller de 25 anos, Andrea M.T.T, foi asasinada presuntamente pola súa ex-parella J....
Mércores, primeiro día da primavera con nubes e claros
Na comarca teremos alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán en ascenso moderado aínda que oscilarán, superando os 20...
A Semana Santa de Muros empeza este venres 22 e rematará coa “Palomiña” o domingo 31
A Semana Santa de Muros, que conta co apoio do Concello de Muros, comeza este venres cunha programación querematará o domingo 31 coa celebración da tradicional ‘Palomiña’.Na presentación, que tivo lugar hoxe no concello, participaron Caridad González, concelleira de...
Diferentes grupos e colectivos, piden este xoves en Ribeira a fin do “xenocidio” de Gaza
Convocados por varios grupos e colectivos, entre eles "Somos Refuxio", Ribeira acollerá este xoves día 21 unha concentración para pedilo fin guerra de Gaza e as consecuencias do xenocidio que está a padecer o pobo palestino. Na concentración intervirán tamén outras...
A Plataforma Ulloa Viva reclama dende Rianxo á Xunta “que dea a cara e informe da sostibilidade da celulosa de Altri”
A Plataforma Ulloa Viva participou en Rianxo nunha mesa redonda informativa organizada polo BNG do Barbanza no Auditorio de Rianxo sobre o proxecto de Altri na beira do Ulla en Palas de Rei. A voceira de Ulloa Viva, Marta Gontá, explicou o proxecto xunto ao secretario...
Confrarías e agrupacións marisqueiras poden solicitar dende hoxe as axudas da Deputación da Coruña ao sector
A Deputación da Coruña abriu hoxe o prazo para que as confrarías de pescadores, federacións de confrarías e agrupacións de mariscadoras e mariscadores da provincia soliciten as axudas provinciais destinadas ao financiamento das súas actividades. Poderán facelo ata as...
Martes, San Xosé, con nubes e claros e lixeira baixa da temperatura
O martes será unha xornada de transición. Con esta situación, comezaremos con bancos de néboa no interior e ceos parcialmente cubertos. Co avance da mañá iranse abrindo grandes claros e pola tarde podería repetirse algún fenómeno tormentoso no interior. As...
O cuarto inverno máis chuvioso deste século deixa paso este mércores 20 á primavera, que durará 93 días
A primavera comeza este mércores 20 de marzo, ás 4 horas e 6 minutos e prolongarase durante case 93 dias ata as 22 horas e 51 minutos do 20 de xuño. Durante a primavera haberá ao amencer unha curiosa aliñación planetaria de Venus, Marte e Saturno; na segunda quincena...
Convocado un novo proceso selectivo para cubrir 127 prazas de auxiliar de Policía Local en 32 concellos galegos, entre eles A Pobra, Boiro e Noia
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria do proceso selectivo unitario que permitirá cubrir 127 prazas de auxiliar de Policía Local en 32 concellos galegos. Trátase dun procedemento de oposición por quenda libre, de maneira que as persoas que o superen,...
Luns con nubes e claros e suba da temperatura
A xornada comezará con ceos nubrados e con néboas, tanto en puntos de terra coma no litoral. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas quedarán en cambios significativos. O vento soprará frouxo de dirección variable con predominio da...
Medio milleiro de persoas participaron na Cea de apoio a Asociación Contra o Cancro de Ribeira
No acto celebrado en Boiro entregaronse varios galardóns de recoñecemento a Manuel Mirás, as enfermeiras do hospital de Barbanza, Mimarte e Miguel Fernández de Sanmamed Remitida Más de 500 persoas asistiron á cea para recadar fondos para Asociación Contra o Cancro de...
Este mércores serán xulgados dous acusados por unha agresión en Porto do Son
Dous individuos enfróntanse ao cargo dun delito de lesións con resultado de deformidadeeste mércores comparecerán na Sección Segunda da Audiencia Provincial. Os feitos remóntanse a novembro de 2018, cando se denunciou unha agresión. A Fiscalía solicita unha pena de...
Publicidade
Revista en papel
Opinión
“Cuando preguntar molesta” – José Castro López
Las acusaciones lanzadas por miembros del Gobierno contra el corresponsal de ABC en Estados Unidos, David Alandete -le llamaron antipatriota- por preguntar a Donald Trump sobre España en la Casa Blanca, son un síntoma preocupante del deterioro del clima de respeto...
“Sábese que os mataron, máis non onde xacen os seus restos” – Antón Luaces
O nome das vítimas non se esquecen, malia que no seo das familias van perdéndose as pegadas que cada unha daquelas deixou en vida: Galicia non viviu en terra de seu as consecuencias dunha guerra que, directamente, non se desenvolveu no seu territorio, máis si no seo...
“Cacharro” – Xulio Xiz
Paco Cacharro deixounos fisicamente hai algo más de dez anos. Non é que foramos grandes amigos, pero coido que nos caiamos ben, e que nos achegamos máis cando deixou de estar na política activa e clarificou a súa contorna persoal. Este mércores, en Veterinaria,...
“Violencia de xénero” – José Manuel Pena
Calcúlase que 13 millóns de mulleres na Unión Europea experimentaron violencia física e que unha de cada 20 mulleres foi violada desde os 15 anos de idade. Estes datos forman parte dun estudo e enquisa realizada polo Parlamento Europeo, a través da (FRA) Axencia dos...
“O BNG demanda do Goberno a defensa da frota galega ante a proposta de recurte de cotas da UE para 2026”. Antón Luaces
A senadora nacionalista galega Carme da Silva advirte que Galicia "non pode seguir a asumir recurtes que poñan en risco a viabilidade da súa frota". Por este feito reclama ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación unha posición firme nas negociacións da UE...






























