Inaugurada a exposición Tesouros Reais, que trae a Galicia, como destino único en España, obras do Museo Terra Santa de Xerusalén

21 Marzo 2024
Destaca o nexo de unión entre Santiago de Compostela e Xerusalén como dúas das cidades santas da cristiandade, xunto a Roma

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, inaugurou hoxe a exposición Tesouros Reais. Obras mestras do Terra Sancta Museum no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura. Será a primeira vez que estas pezas se expoñan en España e, ademais, Galicia será o único destino nacional no que se poderá visitar.

A exposición é unha mostra internacional na que se exporá parte do tesouro artístico doTerra Sancta Museum de Xerusalén, sendo a maior parte desta colección doazóns que as casas reais católicas europeas foron facendo ao longo de 500 anos. Ademais, a exposición complétase cunha escolma de pezas do Museu Calouste Gulbenkian de Lisboa, que tamén colabora na iniciativa; e con obras doutras institucións galegas e portuguesas.

Polo tanto, os visitantes que se acheguen -desde mañá e ata o 4 de agosto- poderán coñecer importantes producións da arte europea e sacra, o que lles permitirá facer un percorrido pola historia, así como comprender mellor o impacto da cristiandade en Xerusalén.

Neste sentido, Rueda salientou que esta exposición tamén vén a poñer en valor o nexo de unión entre Santiago de Compostela e Xerusalén como dúas das cidades santas da cristiandade, xunto a Roma.

O presidente da Xunta en funcións subliñou a importancia de iniciativas culturais deste calado que “merecen moitísimo a pena” e animou a todas as persoas a visitar a exposición para “aproveitar esta oportunidade que probablemente non se vai a repetir na vida”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.