A Plataforma Ulloa Viva reclama dende Rianxo á Xunta “que dea a cara e informe da sostibilidade da celulosa de Altri”

19 Marzo 2024

A Plataforma Ulloa Viva participou en Rianxo nunha mesa redonda informativa organizada polo BNG do Barbanza no Auditorio de Rianxo sobre o proxecto de Altri na beira do Ulla en Palas de Rei. A voceira de Ulloa Viva, Marta Gontá, explicou o proxecto xunto ao secretario técnico de Adega, Fins Eirexas e a presidenta da Agrupación de Mariscadoras a Pé de Carril, María Porto. Segundo explicou o responsable do BNG, Adolfo Muíños, o que pretende esta iniciativa é “dar a coñecer o proxecto de Altri na Ulloa que a convocamos dende abaixo porque somos conscientes de que calquera proxecto que teña que ver co Ulla nos afecta”.

A voceira da Plataforma Ulloa Viva, Marta Gontá, aproveitou esta mesa redonda para informar á veciñanza do Barbanza do “desastre ambiental e socioeconómico” que Altri suporía para Palas de Rei, a Ulloa, o Ulla e tamén para os 146.000 habitantes dos once concellos que beben da auga deste río e para a producción marisqueira da Ría de Arousa. “Somos as plataformas veciñais, as mariscadoras e as asociacións ecoloxistas os que temos que vir informarvos, porque a Xunta non da a cara” criticou Marta Gontá, que convidou unha vez máis “a Rueda, á conselleira de Medio Ambiente e á de Economía a que “deixen de falar nos medios de proxectos tractores, redondos e supersostibles e veñan ás zonas afectadas a decirnos á cara aos veciños e veciñas que esto non é unha celulosa, nin bio nin eco, unha macroempresa contaminante”.

Gontá destacou que “non é a Plataforma Ulloa Viva a que inventa os datos, as cifras están no proxecto de Altri publicado no Diario Oficial de Galicia. Unha celulosa de 366 hectáreas cunha cheminea de 75 metros, que vai a producir 400.000 toneladas de celulosa por 250.000 de lyocel e que precisa 46 millóns de litros da nosa auga ao día, fai verquidos contaminados ao Ulla e ainda por riba quere 250 millóns de euros de cartos públicos”.

A Plataforma Ulloa Viva considera que con esta inxección de cartos públicos “calquera administración responsable financiaría proxectos no territorio, pequenas e medianas empresas que se están a desenvolver no rural galego e que sen moito esforzo e con esa axuda podemos duplicar os postos de traballo que dí Altri que vai crear en Palas”. Ademáis Marta Gontá agradeceu o traballo “conxunto , responsable e solidario” dos concellos que se abastecen do Ulla e da Ría de Arousa, para informar aos veciños e veciñas nun “momento crucial” xa que estamos en periodo de presentar alegacións logo de publicarse no DOGA o pasado 4 de marzo a exposición pública deste proxecto. O prazo remata o vindeiro 17 de abril.

Marta Gontá agradeceu especialmente a Adega e aos colectivos coma a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa o seu apoio e o seu traballo en común para “defender o corazón de Galicia dun desastre ambiental e socioeconómico sen precedentes”. A voceira concluiu que “están poñendo moi difícil vivir no rural, están poñendo moi difícil vivir do mar só nos vai quedar emigrar e deixarlle a terra a estas multinacionais usurpadoras”.

O secretario técnico de Adega, Fins Eirexas, sinalou que Altri “non pode ocultar o proxecto agora que está no DOGA, así que teñen que contar a verdade, o de Palas é unha celulosa das de toda a vida”. Eirexas lembrou que unha celulosa “é unha fábrica química, un polo químico que quere instalarse no Alto Ulla” e no caso do proxecto de Altri en Palas sinalou que “será nun 66% celulosa e un 30% de fibras téxtis”. Destacou que no caso de Lourizán “Ence acabou con todo o sector productivo da Ría de Pontevedra, e a de Altri en Palas é por 3 en potencia e producción e por 10 en superficie maior ca Ence”.

Fins Eirexas tamén deixou claro hoxe en Rianxo que a propia Altri recoñece no DOGA que quere “un modelo de industria de enclave”, o que na práctica supón “que usan os nosos recursos naturais de xeito intensivo, deixannos contaminación e trasladan o valor engadido que xeneran a outro lado. O que ven sendo unha industria   carracho”. Advertiulle a Altri que Adega está persoada neste procedemento e que “informaremos á opinión pública e estaremos vixiantes para que este desastre non pase desapercibido”.

Mariscadoras afectadas

Pola súa banda, a presidenta da Agrupación de Mariscadoras a Pé de Carril, María Porto, explicou que a cantidade de auga que Altri quere consumir no río Ulla no encoro de Portodemouros “restaríalle caudal ao río provocando que a contaminación chegue menos diluída e producindo máis danos aos bancos marisqueiros da Ría de Arousa”. Segundo explicou esta mariscadora de Carril, “Altri vai a botar ao río cantidades moi importantes de materia orgánica e de químicos Que vai usar para fabricar a celulosa e o lyocel, e iso vai a afectar moito a unha Ría xa moi debilitada”.

Porto falou do cambio climático e os efectos que está a provocar de por sí na productividade marisqueira arousá. Sinalou que a falla de ventos do nordés provoca menos renovación da auga da Ría, o que provoca “que os bivalbos engorden menos e estean máis debilitados”. Nesta situación, a presidenta das mariscadoras a pé de Carril alertou de que “calquera contaminación a maiores ten máis impacto porque se dilúe menos na auga”.

Ao respecto do sector mar industria na zona e a afectación do proxecto de Altri, o voceiro do BNG do Barbanza, Adolfo Muíños, tamén advertiu que na zona hai moitas fábricas de conserva “que teñen un consumo moi grande de auga, e tamén nos preocupa que si se consume moito o río non leve caudal abondo e acabe derivando en problemas de abastecemento á rede da industria conserveira da zona”. Muíños tamén destacou a preocupación polo feito de que Altri “afonda na liña de eucaliptización do país. Nós tamén temos ración de eucaliptos e incendios e é algo que rexeitamos, nos ven a Ence dous”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...