“Violencia de xénero” – José Manuel Pena

04 Novembro 2025

Calcúlase que 13 millóns de mulleres na Unión Europea experimentaron violencia física e que unha de cada 20 mulleres foi violada desde os 15 anos de idade. Estes datos forman parte dun estudo e enquisa realizada polo Parlamento Europeo, a través da (FRA) Axencia dos Dereitos Fundamentais da Unión Europea e poñen de manifesto que é o momento de recoñecer, de maneira global, que a violencia “doméstica” ou de “parella” non pode ser considerado como un asunto privado, senón ten que ser unha cuestión na que debe intervir o Estado de maneira efectiva.

En moitas ocasións a realidade vai máis aló das lexislacións de calquera país e a psicose que se crea en certos colectivos é un síntoma de que algo non funciona como debería. Proba diso é que a metade das mulleres da Unión Europea, o 53%, procuran evitar certos lugares ou situacións por temor a ser vítimas de agresións físicas ou sexuais.

Está claro que a violencia de xénero contra as mulleres é unha desagradable realidade, non só en España, e por iso a Unión Europea é consciente da necesidade de artellar máis programas de axuda, por distintos medios, para a protección dos nenos, mozos e mulleres fronte a todas as formas de violencia ao obxecto de constituír probas de fronte ao desenvolvemento de respostas políticas e accións contundentes e realistas sobre o terreo, evitando así que se repitan algúns resultados da enquisa descrita que sinala que o 30% das mulleres da UE que foron vítimas de agresións sexuais por parte da súa parella actual ou das anteriores sufriran tamén violencia sexual na infancia.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.