“Cacharro” – Xulio Xiz

05 Novembro 2025

Paco Cacharro deixounos fisicamente hai algo más de dez anos. Non é que foramos grandes amigos, pero coido que nos caiamos ben, e que nos achegamos máis cando deixou de estar na política activa e clarificou a súa contorna persoal.

Este mércores, en Veterinaria, simbólico día e simbólico lugar, xa que se cumpren corenta e un anos do comezo das clases nesta Facultade lucense, vanse presentar catro publicacións co título xenérico de Lembrando a Cacharro, para poñer de manifesto o que a sociedade lucense recorda do que foi o primeiro espada das loitas políticas nesta terra de fráxil memoria.

Os castrexos da nosa historia inventaron o Río do Esquecemento para arredar aos invasores romanos das terras de Galicia de máis acó do Limia. Eu quero pensar que nin o Rato nin o Miño teñen a culpa de que os nosos gobernantes deixen de estar presente na actualidade, de estar vixentes na memoria, desde o momento en que deixan o cargo que exerceron.

Parece que con Cacharro é diferente e que os posibles rios do Esquecemento que fan caducar persoas e feitos, perdidos na faramalla da actualidade política e social que nos fai dubidar de case todo, non lle afectan e agora libre das presións da política, das obrigas dos cargos, das miserias humanas, xorde a memoria do home feito a si mesmo, que deixou como legado un Lugo que se fixo a si mesmo, desde o goberno provincial.

Dixen que non fomos grandes amigos. Algo máis desde que deixou o poder. Pero estas cousas, ás veces, pasan por descoñecemento. Se o coñecera daquela como o coñezo agora, posiblemente poderíamos encaixar ben mellor.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.