Durante o xoves a situación dunha baixa ó suroeste da península canalizará cara Galicia aire cálido. Así que, teremos néboas en comarcas do interior que se irán disipando, quedando algunhas nubes altas que non impedirán o paso do sol, ceos máis nubrados no extremo norte. As temperaturas ascenderán de xeito moderado chegando ós 27 graos na comarca. Os ventos soprarán do nordés, moderados con refachos fortes no litoral norte e frouxos no interior.

O noso mar: Vento do nordés á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 3 a 5 á mañá e á tarde e 3 a 4 á noite. Forte marusía á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota



