Ribeira chama á cidadanía a concentrarse en repulsa o asasinato de Andrea. A Corporación celebra Pleno Extraordinario para declarar loito oficial

20 Marzo 2024

Tal como vimos informando en “obarbanza.gal” onte rexistrouse un novo caso de violencia de xénero en Galicia ,o primeiro deste ano na Comunidade, desta volta foi na nosa comarca. Unha muller de 25 anos, Andrea M.T.T, foi asasinada presuntamente pola súa ex-parella J. P.este martes 19 de marzo pola tarde, no seu domicilio da rúa Doutor Torres de Pameira (Ribeira). Ao parecer, a muller foi atacada cunha arma branca. O home tentou suicidarse logo de acabar coa vida da súa parella. Investígase como crime machista. O presunto asasino atópase no Hospital do Barbanza en estado crítico.

TVG

Tratouse dun apuñalamento cun coitelo de cociña afiado, e os axentes da Policía Xudicial xa o atoparon. Foi con esta mesma arma coa que logo tentou quitarse a vida o suposto agresor, xa que na zona había abundante sangue procedente das feridas que se autoinfrinxiu. O home chamou ao 112 alertando do que fixera e da súa intención de acabar coa súa vida.

Os feitos foron comunicados logo á Policía Nacional, Policía Local, Bombeiros de Ribeira e 061. A muller xa falecera cando os efectivos de emerxencias entran no domicilio.

Segundo puidemos saber, a parella tiña un fillo pequeno de dous anos que non estaba no domicilio este martes pola tarde, cando sucederon os feitos.

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, compareceu tamén no lugar, onde condenou os feitos e confirmou que a vítima tiña 25 anos e que estaba separada da súa parella. Explicou que o suceso ocorreu sobre as cinco da tarde e que o suposto agresor utilizou unha arma branca. Tiñan un neno de 2 anos, que no momento do asasinato non se atopaba na casa e que agora está a ser atendido polos familiares. Pérez Barral anunciou que este mércores celebrarase un pleno extraordinario urxente e un minuto de silencio para condenar o crime, ademais de decretar loito.

Convocatoria do Concello a Pleno Extraordinario para decretar loito oficial e a concentración da cidadanaía no Malecón díante da Capitanía Marítima a partir das 20 horas.

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, condenou  o crime e enviou o seu “apoio e agarimo” á familia da vítima.

“Estremecémonos cada vez que recibimos unha noticia coma esta. Un novo asasinato machista deixa á sociedade galega e á vila de Ribeira sen palabras”, escribiu Rueda na súa conta na rede social X esta tarde.

Enviou ademais o seu “apoio e agarimo á familia e aos seres queridos de Andrea. #NinUnhaMenos”, conclúe a mensaxe.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.