Medio milleiro de persoas participaron na Cea de apoio a Asociación Contra o Cancro de Ribeira

17 Marzo 2024

No acto celebrado en Boiro entregaronse varios galardóns de recoñecemento a Manuel Mirás, as enfermeiras do hospital de Barbanza, Mimarte e Miguel Fernández de Sanmamed

Remitida

Más de 500 persoas asistiron á cea para recadar fondos para Asociación Contra o Cancro de Ribeira , que tivo lugar no restaurante Chicolino de Boiro, e contou coa presenza do conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, así como coa xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez; o xefe de Oncoloxía Médica do CHUS, Rafael López; o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, e o senador do PP Manuel Ruiz Rivas, entre outros.

A presidenta da xunta local da AECC, María José Carreira, entregou unha figura de cerámica a Manuel Mirás, tesoureiro de Cáritas en Ribeira, en recoñecemento aos seus máis de catro décadas á fronte desta entidade sen ánimo de lucro. Logo, Tania Fuegho, directora do colectivo Consentirche, foi homenaxeada na gala e recibiu un obsequio do alcalde de Ribeira. Por último, a xerente provincial da AECC, Xema García, entregou un recoñecemento a Eloína Núñez en nome de todas as enfermeiras do hospital de Barbanza polo seu destacado labor, especialmente durante a pandemia de COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.