FIN DE SEMANA: AS NOSAS LETRAS. Propostas para tempo de lecer (IV)

24 Xullo 2021

APOIA AS NOSAS LETRAS, MERCA NAS NOSAS LIBRARIAS

“Manoel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego”. Biografía ficcionada. Xosé Ricardo Losada. Ed. Galaxia

Aínda está reverberando nos medios o éxito da moi notábel novela A casa xunto ao volcán (Galaxia) e xa o escritor e profesor rianxeiro Xosé Ricardo Losada ten novidades literarias que contarnos. Se en A casa xunto ao volcán Losada centrábase en narrar as andainas filosóficas dunha moza adolescente que recala no Instituto de Secundaria de Rianxo, acompañando a súa chegada dunhas lecturas que deixarán fonda pegada e que marcarán a súa vida presente e futura, agora decidiu poñer o foco na figura do poeta, Manoel Antonio (Rianxo 1900 – Asados 1930), construíndo unha biografía ficcionada que recrea os últimos meses do autor de De catro a catro. Non é O rosario e a buguina, nas súas palabras, unha biografía ao uso. Máis ben é o resultado dun diálogo íntimo de autor a autor: o que lle tería contado Manoel Antonio a Xosé Ricardo Losada sobre como lle terían gustado que fosen eses últimos meses.

“Os nomes dos concellos da provincia da Coruña”. Toponímia municipal. Gonzalo Navaza. Real Academia Galega

De Abegondo a Zas. O académico correspondente Gonzalo Navaza reúne a orixe e o significado dos nomes dos 93 concello da provincia da Coruña nunha nova publicación da Real Academia Galega xa dispoñible en versión dixital na sección de publicacións desta páxina web. O volume ofrece un breve e sinxelo comentario histórico e etimolóxico dos nomes dos 93 municipios e fai constar os rexistros documentais máis antigos que se coñecen, nos máis dos casos tomados de textos medievais en latín e en galego. Os contidos deste traballo foron debatidos no Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, do que Gonzalo Navaza forma parte, e a súa publicación conta co apoio da Deputación da Coruña.

“Se suponía que esto era el futuro” . Javier Pedreira Wicho e Álvaro Ibáñez Alvy. Editorial: Montena . castelán

O mundo está cheo de cuestións científicas e técnicas que parecen sacadas dun universo de ciencia-ficción. Pero… Supoñíase que ía ser así?

Nas librarías podemos atopar un libro de cubertas de cor amarelo que resulta moi rechamante, e que unha vez que o abres atrapa a calquera espertando a curiosidade ao tratar temas tecnolóxicos e sociais que nos collen moi de preto, abordándoos dun xeito moi natural e acompañando os textos con ilustracións que converten a lectura nunha experiencia agradable.
Esta obra, Se suponía que esto era el futuro, é unha creación de Javier Pedreira Wicho e Álvaro Ibáñez Alvy, os responsables do blog Microsiervos, un dos grandes referentes a nivel mundial en fala hispana. Podemos atopar unha entrevista co autor na páxina 25 da nosa edición de Código Cero 215.
De feito, podemos ver o libro como unha adaptación do caderno dixital ao papel, escolmando contidos mediante temas que permiten debullar a nosa condición actual, á vez que permítennos saber como chegamos a este agora repasando figuras históricas e fenómenos que en moitas ocasións ignoramos. Para saber algo máis desta publicación falamos con Wicho, a quen moitos tamén coñecen por ser o responsable de informática dos Museos Científicos Coruñeses.

O Barbanza 24-25. Grupo Código Cero. Mes xullo- agosto

Portada número 24
Portada número 25

Propoñemosvos amais a lectura da nosa edición en papel da revista mensual O Barbanza, un número doble que recolle reportaxes, informacións e axenda de actos nos concellod a comarca en xullo e agosto. O Barbanza-24-25

Propostas anteriores:

I-  3 de xullo de 2021

II- 10 de xullo de 2021

III- 17 de xullo de 2021

Outros artigos

O novo Auditorio de Ribeira abrirá o sábado 1 de xuño

O novo Auditorio Municipal de Ribeira abrirá as súas portas o sábado 1 de xuño e para celebrar a súa apertura, a Concellería de Cultura está a organizar unha programación especial que se estenderá ao longo de todo o mes. Esta coincidirá co "Xuño dá Cultura e as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...