“O Barbanza” sae con novos números da nosa edición impresa

21 Xullo 2021
O Barbanza 24

Chega unha nova edición da nosa publicación mensual “O Barbanza” , un número dobre que trata como a comarca recupera a enerxía compatibilizando turismo, seguridade e grandes proxectos.

Subimos aos miradoiros do Barbanza e abordamos as novas axudas para recuperar o esplendor das nosas vilas completando información máis destacable dos concellos da nosa comarca.

No número interior resumimos a axenda de actos nestes meses e como os nosos concellos ofrecen múltiples razóns para poñer rumbo á comarca. A esencia dorneira sobrevive na súa LXXIII Singradura e como chegan novos e avanzados proxectos á comarca na arquitectura.

O Barbanza 25

Máis dispositivos para loitar contra o lume e o mundo da cultura, a nova Andaina Solidaria de CONGALSA, que recadou 10.000 euros e falamos con Esther Carrodeguas actriz, escritora e directora teatral.

Isto e moito máis ocupan as páxinas destes números de “O Barbanza” que cunha tirada de 7.000 exemplares están en distribución de balde en toda a comarca podendo amais descargarse en pdf ou leerse enm trebellos móbiles.

Outros artigos

CONGALSA súmase á familia de amigos da Fundación INADE

Foto de familia de representantes de CONGALSA e membros da Fundación INADE A Fundación INADE (Instituto Atlántico do Seguro) celebrou hoxe nas instalacións de CONGALSA, na Pobra do Caramiñal (no Polígono da Tomada), a XXV Reunión do seu Consello Asesor e Comité...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión