FIN DE SEMANA: AS NOSAS LETRAS. Propostas para tempo de lecer (III)

18 Xullo 2021

APOIA AS NOSAS LETRAS, MERCA NAS NOSAS LIBRARIAS

“COMO ATOPAR LIBROS GALEGOS EN INTERNET”. Henrique Neira Pereira, Editorial: Grupo Código Cero Comunicación- O Barbanza. Unha guía de balde axúdanos a atopar libros galegos na Internet.

O Barbanza, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco da iniciativa #aculturasegue, queremos ofrecer aos nosos seareiros unha pequena obra do profesor, xornalista e colaborador habitual das nosas publicacións, Henrique Neira, Como Atopar Libros Galegos en Internet. Unha guía de recursos en liña, nunha edición a na que se recollen páxinas web onde atopar libros de balde.

Os interesados terán referencias das bibliotecas virtuais galegas e doutras páxinas web galegas, españolas e internacionais que achegan libros. Completan a obra anexos nos que se recollen unha carta de navegación para o océano da información, libros e soportes, bibliotecas virtuais, un  glosario e bibliografía. A obra está dirixida non só aos interesados en libros galegos senón tamén ao profesorado e alumnado de todos os ciclos educativos para que sirva de recurso.

É evidente que non están todos os recursos existentes, polo que agradécese o envío de información sobre páxinas web e outros recursos que non figuren na guía para a súa incorporación na vindeira edición. A obra é de difusión gratuíta.

HEMISFERIO AUGA”. Poemas. José Carou Rey Editado por Medulia Editorial

O autor rianxeiro José Carou Rey presentou recentemente en Rianxo o seu poemario “Hemisferio auga”. A auga en todas as súas dimensións, sexa en forma de bágoa, de mar ou de choiva, é o eixo condutor desde libro de poemas. Auga canalizada por un sentido musical e rítmico dos textos, que fai destas páxinas unha sorte de caderno de bitácora doído polo desamor. As ilustracións de Laíño non só acompañan, senón que complementan o volume redondeándoo e dándolle o seu propio sentido desde un punto de vista artístico.

“Universos”. Poesía. Ignacio Lens Sarasquete. Vadeletras editorial

Talvez a felicidade sexa sentir cóxegas no corazón, perder a cordura, a cabeza e a razón. Talvez o amor, parézase a tocar o ceo coas mans, ou a iso que un sente cando un bico abrázalle, cando un sorriso faise presente. Talvez escribir aseméllase a estar no paraíso e a túa mirada é esa luz que me guía, que me ensina o camiño. Parecerá unha tolemia, pero escribir é como soltar amarras e voar unha aventura.

Trátase da segunda obra do ribeirense que en 2017 editou Versos Diversos 

“Inscricións”. Poemas. Carlos Callón. Editorial Galaxia

O ribeirense Carlos Callón ofrécenos Inscricións, pulsións que atrapa o poeta cando pretende que as palabras sexan marco para o apreixar todo. Estes poemas falan diso. Da morte, da dor, do odio, do amor. Da vida. Todo é todo e todo está en todo. Versos que furan o peito, que mancan. Poeta mancado que fai co poema, bálsamo. Un libro sobre os mapas da alma. E das palabras que o constrúen e rexistran. A morte. A vida. Todo

Propostas anteriores:

I-  3 de xullo de 2021

II- 10 de xullo de 2021

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...