FIN DE SEMANA: AS NOSAS LETRAS. Propostas para tempo de lecer (I)

03 Xullo 2021

APOIA AS NOSAS LETRAS, MERCA NAS NOSAS LIBRARIAS

BRUMAS OCTAVIANAS” . Ficción histórica. Jacobo Otero Moraña. Esstudio Ediciones

O ribeirense- santiagués Jacobo Otero, colaborador habitual de O Barbanza ofrecenos unha nova novela, a sexta, de ficción histórica.

Argumenta: Xaneiro do ano 794 AUC., no palacio imperial, un angustiado Casio Querea, tribuno da Garda Pretoriana, escribe durante a que será unha das súas últimas madrugadas sobre este mundo, un diario que é á súa vez testamento e declaración de intencións. O destinatario, o seu fillo. A el tenta explicarlle os motivos polos cales está a piques de converterse en tiranicida, e da mesma maneira, por que a situación chegou a un punto de non retorno respecto a a persoa que no seu día xurara protexer coa súa propia vida. É entón cando a historia remítenos ao ano 760. O mozo Casio salva a vida a un dos seus superiores durante a revolta das tribos que habitan Dalmacia e Panonia, comezando desta forma unha carreira ascendente que lle leva a coñecer aos personaxes máis determinantes da súa época. Tras ser destinados a Xermania, os protagonistas veranse inmersos nunha seria de avatares sorprendentes, destacando sempre esa dualidade que acompaña ao xefe de Auxíliaos, fillo dun xefe querusco que pasou boa parte da súa vida como refén e por quen o gobernador Varo sente especial predilección. Falamos de Arminio. Batallas e maleficios. Conspiracións mundanas e máxicas, conflúen ao longo desa madrugada na que Casio redacta o seu diario. O final deste primeiro volume coincide coa morte de Octavio e a revolta das Lexións do Rhenus…, pero hai algo máis. Un mal tan poderoso que pode facer que desparezca a mesma Roma.

“ A DESVÉRTEBRA”. Poesía. Ana Romaní. Edicións Chan de Pólvora

A obra que descubre as vertentes inéditas da noeisa, Ana Romaní, que tras unha década de silencio ofrece un poemario que funciona como territorio pero tamén como exploración de novas linguaxes para a súa poesía, que aquí nos descubre vertentes inéditas ou recupera elementos caractísticos da súa etapa de irreverencia paródica. O libro chega acompañado dunha experiencia singular que a poeta desenvolve xunto a Chus Silva, músico e integrante do proxecto de electrónica musical Aparato, co que traballou nos últimos anos. Xuntos estrearon xa o pasado ano a peza 2% un rectal para esquecer no Festival Alguén que respira, do que forman parte como creadores de espazos sonoros. Nesa senda, ambos interpretarán a súa proposta nas presentacións do libro.                

Moitos destes contidos pasarán despois á páxina de edicións dixitais do Laboratorio de Indagacións Poéticas (LIPo) que se inclúe na web da editorias, www.chandapolvora.gal.

—————–

“NÚS” . Novela. Manuel Gago. Editorial Xerais

O palmeirán Manuel Gago acercanos esta obra que parte das protestas que tiveron lugar na década dos 80 en Porto do Son. Inspirada nos movementos de loita polo naturismo nas praias galegas a principios dos 80, Nús é unha aposta literaria moi distinta aos meus anteriores textos, aínda que os lectores recoñeceredes claves, escenarios e (seguro) personaxes. En Nús o autor explora a sensualidade, o descubrir do sexo, a masculinidade… pero tamén escribe desde a memoria dun protagonista un tanto incómodo, que relata a Galicia entre a transición e a primeira democracia desde un punto de vista pouco habitual na literatura do país. É unha novela dunha persoa, pero tamén dun tempo.

“A CASA DA TROIA” . Novela Versión galego. Pérez Lugín. Edicións  Auga Editora

Por primeira vez desde que se editou hai mais de cen anos, sae unha versión en galego da emblemática obra de Pérez Lugín da novela “La Casa de la Troya “ que en 1915, levaba unha  portada ilustrada por Castelao. Da man da editorial “Auga Editora” a edición basease na primeira das publicadas pola librería Galí de Santiago que é, probablemente, a última corrixida polo autor.

Tal como indica a tradutora, Mercedes Pacheco, “podemos considerala como a reimpresión fixada definitivamente polo autor”. O prólogo desta versión é de Manolo Fraga, director de Vía Láctea Comunicación,  quen resalta que “o Museo Casa de la Troia” quere manter vivo o espírito vertido na obra de Lugín. Xunto a versión en galego a editoria sacou edicións en danés e en italiano

A historia de Carmiña Castro Retén e Gerardo Roquer é unha das máis célebres da novela romántica contemporánea. Levada ao cine e ao teatro, o seu éxito está avalado polos centenares de edicións que tivo desde a súa publicación en 1915.

A Casa da Troia en esencia é unha historia de amor, pero vai máis alá. Trátase dunha novela coral, dun magnífico retablo da vida universitaria e compostelá de finais do século XIX. Reflicte cunha gran mestría os costumes e a mentalidade dunha burguesía mergullada nunha dobre moral baixo a sombra do clero.

Paixón, amor, esmorga, engano, amizade, traizón… Un combinado perfecto para gozar da lectura e coñecer o Santiago de Compostela daquel tempo.

Outros artigos

O Concello de Ribeira reforza o alumeado público na rúa de Galicia

O Concello de Ribeira informou dun reforzamento do alumeado público nalgunhas contornas do centro urbano da cidade, concretamente no treito da rúa Galicia comprendido entre o Mercado Municipal e o cruzamento co Parque García Bayón. Segundo informaron fontes do...

+

A Marea de Noia require unha inspección da ETAP

O voceiro da Marea de Noia, Manolo Seijas, presentou un escrito ante a inspección de sanidade sobre a auga municipal no que require ao dito departamento unha análise exhaustiva da ETAP (Estación Tratamento de Auga Potábel) para verificar o estado da mesma e do...

+

I Concurso Infantil de Debuxo ApiBarbanza – 2024

A delegación de AGA, asociación Galega de Apicultores, no seu Delegacion do BARBANZA SALNES convoca I Concurso Infantil de Debuxo Apícola co fin de involucrar e concienciar aos nenos sobre o valor da abella como axente polinizador e na conservación do medio...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...