FIN DE SEMANA: AS NOSAS LETRAS. Propostas para tempo de lecer (VI)

07 Agosto 2021

APOIA AS NOSAS LETRAS E ÓS NOSOS AUTORES, MERCA NAS NOSAS LIBRARIAS

“Don Carlos e o misterio dos lucecús”. Relatos. Público infantil. Patricia Torrado Queiruga. Baía Edicións

Patricia Torrado é unha sonense que presenta esta fin de semana en Porto do Son o seu primeiro libro que reflexa o entorno que a rodea.

Na vila comezan a xurdir sucesos inexplicables e, por se fose pouco, na casa contáronlles que o seu profesor, o único que os podería axudar a buscar unha explicación a tanto misterio, padece unha enfermidade que lle fai esquecer as cousas. Xiana, Maca, Román, Sofía e Afonso convídante a desentrañar cada misterio coa axuda de don Carlos. Unhas pescudas que vos levarán a valorar o lugar no que vivides, o medio ambiente, as tradicións, o amor e os prexuízos cos que podemos atoparnos todos os días. Acompáñasnos?

Alfonso X e Galicia e unha escolma de cantigas. Escolma. Xosé Filgueria Valverde

A Real Academia Galega editou (RAG) a primeira selección da obra de Alfonso X no ano 1980, cando o Día dás Letras Galegas foi dedicado a este rei ao que se lle atribúen as ‘Cantigas de Santa María’. Agora, con motivo do 800 aniversario do nacemento do monarca, a institución recupera este volume, titulado ‘Afonso X e Galicia: e unha escolma de cantigas’ nunha edición dixital e de acceso libre a través da web academia. gal.

Trátase dunha edición a cargo de Xosé Filgueira Valverde (1906-1996), protagonista das Letras Galegas de 2015, que reuniu e comentou nesta publicación as sete cantigas que teñen unha localización galega clara, xunto a outras catro sobre milagres de peregrinación a Santiago e dúas sobre lendas relixiosas universais. Ademais, esta selección complétase con sete pezas profanas de escarnio e maldicir con referencia a personaxes galegos.

“Esta publicación que agora recuperamos é unha achega singular dun erudito que foi quizais o primeiro especialista en referencia internacional Alfonso X e as ‘Cantigas de Santa María'”, destaca o académico Henrique Monteagudo.

“La restauración del Pórtico de la Gloria”. Documentación. Ministerio de cultura y Deporte

O Ministerio de Cultura e Deporte publicou o libro ‘La restauración del Pórtico de la Gloria de la Catedral de Santiago de Compostela. Documentación, estudos e conservación’, que compendia máis de vinte artigos de distintos autores, conservadores-restauradores, historiadores da arte e especialistas en materiais e técnicas que participaron na intervención do Pórtico. Dispoñible na librería do Ministerio, a edición da obra foi coordinada polo Instituto do Patrimonio Cultural de España ( IPCE).

A publicación recolle os traballos e descubrimentos que se levaron a cabo durante o proceso de restauración desde distintas ópticas. Así, por unha banda, recolle artigos que analizan a historia do Pórtico da Gloria desde distintas perspectivas a partir dos achados atopados: as distintas etapas das decoracións polícromas; a iconografía dos personaxes, as súas vestimentas e códigos; as fases de construción do Pórtico; ou un episodio de gran importancia para este monumento, a réplica que se realizou no s. XIX para ser exposta no Vitoria and Albert Museum de Londres.

“Nunca es tarde para el amor”.

“Nunca é tarde para o amor”. Novela. Quin Cruz.

Este empresario casado cunha ribeirense e asiduo dos veráns en Aguiño sumerxese en Deventer, un pequeno pobo holandés situado á ribeira do río Ijsesel, será testemuña dunha gran historia de amor.
Marlen, unha empresaria xubilada, nai de dous fillos e viúva, coñecerá a Adrián, un novo estudante de arquitectura que traballa como voluntario na residencia á que ela se muda.
Sen propoñerllo, e de maneira repentina, o amor xurdirá entre eles. Ante esta situación, será a diferenza de idade un impedimento para a súa relación? Como verán as súas respectivas familias e amigos a súa historia de amor?
Se crees nas segundas oportunidades e en que nunca é tarde para volver amar, non podes deixar de descubrir esta fantástica historia de amor e paixón.

Parte dos beneficios da novela irán destinados o Banco de Alimentos de Vigo

Propostas anteriores:

V- 31 de xullo de 2021

IV- 24 de xullo de 2021

III- 17 de xullo de 2021

II- 10 de xullo de 2021

I-  3 de xullo de 2021

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...