A Xunta reivindica a achega do galego á diversidade cultural europea no Día Europeo das Linguas

25 Setembro 2026

O secretario xeral de Lingua salienta a proxección internacional do idioma a través da rede de lectorados universitarios

O secretario xeral de Lingua, Valentín García, reivindicou a contribución do galego á riqueza e diversidade do patrimonio cultural europeo durante o acto institucional celebrado nos soportais do Museo das Peregrinacións e de Santiago polo Día Europeo das Linguas, unha conmemoración que se adiantou cun recital poético e multilingüe a cargo de estudantes de Secundaria e Bacharelato do IES Xelmírez II aberto á participación do público, xunto cunha mostra de libros da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude que foron entregados como agasallo aos asistentes

Durante a súa intervención, o representante autonómico salientou a importancia de preservar a diversidade lingüística e de fomentar o entendemento intercultural mediante a aprendizaxe de idiomas, enmarcando esta cita no recente acordo para renovar o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega con case 700 medidas de consenso para prestixiar o uso social da lingua

No ámbito da difusión exterior, García subliñou o labor das bolsas da Xunta en lectorados universitarios, destacando que o galego se estuda actualmente nunhas 40 institucións académicas de todo o mundo, entre as que figuran oito universidades españolas con medio milleiro de alumnos, 21 centros europeos con preto de 1000 estudantes en países como Alemaña, Francia, Italia ou o Reino Unido, ademais de oito lectorados en América e as recentes incorporacións na India e en Mozambique.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.