Este luns comeza o xuízo polo dobre accidente mortal de Palmeira no que a Fiscalía pide catro anos de cárcere para a condutora do BMW

18 Decembro 2022

A sección sexta da Audiencia Provincial en Santiago, acollerá desde este luns a mércores, o xuízo no que un xurado popular decidirá se a ribeirense que conducía a súa BMW é culpable de homicidio pola morte de Sara Lampón e Abraham Muñiz no accidente de tráfico rexistrado en Palmeira o 4 de maio do 2019.

Está probado que a acusada conducía baixo os efectos do alcol, «polo que tiña minguadas as súas facultades psicofísicas», destaca a Fiscalía no seu escrito. O vehículo circulaba a 130 quilómetros por hora cando o límite de velocidade establecido era de 50-70 quilómetros por hora, dando bandazos da marxe dereita ao esquerdo da estrada.

A fiscal indica que os feitos son constitutivos dun delito contra a seguridade viaria de condución baixo os efectos do alcol, que queda absorbido por outro delito de condución temeraria, ademais de dous delitos de homicidio por imprudencia. Por iso, pide a pena de catro anos de prisión, unha multa de 24 meses cunha cota diaria de 6 euros, con responsabilidade persoal subsidiaria do artigo 53 en caso de falta de pagamento e inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante a condena e privación do permiso de conducir durante seis anos.

Reconstrucción do accidente realizada o 24 de setembro de 2019

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.