Esta mañá procedeuse á reconstrución do accidente mortal rexistrado en Palmeira

24 Setembro 2019

20190924. Axentes desprazados desde Madrid estiveron ao longo desta mañá recadando datos sobre o accidente mortal rexistrado o 4 de maio no límite entre os municipios de Ribeira e A Pobra do Caramiñal, á altura da parroquia de Palmeira. Esta reconstrución levouse a cabo por orde do Xulgado de Instrución Número 1 de Ribeira, que leva o caso e ao cal se deberán remitir as conclusións obtidas. Debido á magnitude do accidente, non fora posible determinar como se producira o impacto, polo que este estudo pretende aportar luz sobre o sucedido.

Mentres se desenvolveu este proceso foi preciso realizar cortes puntuais na circulación do tráfico. Todas estas actuacións enmárcanse na proba que inclúe a inspección dos vehículos involucrados.

No sinistro falecera a parella formada polo pobrense Abraham Muñiz Santos, de 29 anos, e pola palmeirana Sara Lampón Buceta, de 28 anos; mentres que a outra condutora implicada, María del Pilar Fernández Patiño, resultara ferida de gravidade, polo que fora trasladada ao Hospital Clínico Universitario de Santiago. Esta última, unha vez dada de alta, no mes de xuño, fora chamada a declarar nos xulgados ribeirenses. Pouco antes, foran interrogadas as catro testemuñas a petición do avogado das familias das vítimas.

O xuíz que instrúe o caso decidira deixala en liberdade provisional con cargos. Tamén lle retirara o permiso de conducir e o pasaporte, intervindo tódolos vehículos que figurasen ao seu nome, ademais de obrigala a comparecer no xulgado os días 1 e 15 de cada mes.

A acusación particular, representada por Antonio Arca, solicitara a prisión provisional como medida cautelar e impútalle catro delitos: dous por homicidio, un por condución temeraria e un por conducir baixo os efectos de substancias psicotrópicas e alcohol. Este último porque as probas realizadas deran positivo en alcohol cunha taxa de 1’37 e en substancias psicotrópicas relacionadas con ansiolíticos. O letrado anunciara que apelaría a decisión do xuíz, pero, no mes de agosto, a sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña confirmara o auto ditado polo Xulgado de Instrución Número 1 de Ribeira no que se decretara a posta en liberdade provisional, con medidas cautelares.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...