Liberdade provisional con cargos para a condutora implicada no sinistro de Palmeira

07 Xuño 2019

Esta mañá declarou nos xulgados ribeirenses María del Pilar Fernández Patiño, a condutora implicada no accidente mortal rexistrado o 4 de maio no límite entre os municipios de Ribeira e A Pobra do Caramiñal, á altura da parroquia de Palmeira. Un sinistro no cal faleceron a parella formada polo pobrense Abraham Muñiz Santos, de 29 anos, e pola palmeirana Sara Lampón Buceta, de 28 anos; mentres que Pilar resultou ferida de gravidade, polo que foi trasladada ao Hospital Clínico Universitario de Santiago. Alí realizáronlle as probas que deron positivo en alcohol cunha taxa de 1’37 e en substancias psicotrópicas relacionadas con ansiolíticos.
Pilar chegou ao edificio para declarar minutos antes das 12.00 horas acompañada de dous dos seus fillos. Pouco antes, foron interrogadas as catro testemuñas a petición do avogado das familias das vítimas. O xuíz que instrúe o caso decidiu deixala en liberdade provisional con cargos. Tamén lle retirou o permiso de conducir e o pasaporte, intervindo tódolos vehículos que figuren ao seu nome, ademais de obrigala a comparecer no xulgado os días 1 e 15 de cada mes.
A acusación particular, representada por Antonio Arca, solicitara a prisión provisional como medida cautelar e impútalle catro delitos: dous por homicidio, un por condución temeraria e un por conducir baixo os efectos de substancias psicotrópicas e alcohol. O letrado anunciou que apelará a decisión de non admitir a prisión provisional no prazo de cinco días, xa que “a prisión provisional non pretende castigar á persoa, senón evitar que se escape ou reincida.” Así mesmo, manifestou que “opoñémonos e imos apelar o auto porque entendemos que a retirada do carné non evita a reiteración delituosa.”
Pola súa parte, o avogado da defensa, Manuel Méndez, explicou que “a investigada pediulle perdón ás familias e está moi afectada porque ela ten fillos e ponse no seu lugar.” Tamén asegurou que a súa defendida é “unha vítima máis e que desexaría estar morta.”
O caso continúa na súa fase de instrución.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...