O Entroido boirense colle impulso este venres coa ruada do Concilio de Abadesas

17 Febreiro 2020

O Entroido de Boiro vén este ano cun amplo abano de actividades para veciños e visitantes de todas as idades: un programa no que unificaron forzas o Concello, as asociacións e os colectivos locais co obxectivo común de conseguir un febreiro completo de actividades choqueiras, humor, creatividade e implicación veciñal.

O programa oficial comeza este 21 de febreiro co Concilio de Abadesas, unha actividade que comparte todos os elementos devanditos e algunha sorpresa máis. Está previsto para as 19.00 horas no Centro Cultural e Deportivo de Boiro. A ruada acompañarase de música gregoriana a cargo de Vai de Baile.

Segundo explica o Concello, trátase dunha ruada aberta aberta á participación da veciñanza (todo o mundo pode participar, co único requisito de levar como complemento da vestimenta elementos relixiosos, ou sexa “catholic outfit e ganas de bailar”). O desfile, logo dunha serie de paradas estratéxicas, rematará na Pousada da Galicia Imaxinaria.

Outros artigos

A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

“Vivos y muertos”. Mario Clavell

Los forenses han identificado las últimas víctimas de Urda, Toledo. La señora muerte guadaña pilló impensadamente el pasado 28 de octubre a sesenta y nueve de los nuestros. Me ha electrizado admirar la variedad de  personalidades.   En noviembre se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.