A Xunta concede á praza de abastos de Boiro o seu Mercado Excelente

06 Novembro 2026

A Xunta de Galicia concedeu á praza de abastos de Boiro o selo de Mercado Excelente, un distintivo que identifica aquelas instalacións que destacan pola súa modernidade, innovación e dinamización, sen perder a súa autenticidade, tradición e trato personalizado. Así o reflicte a resolución autonómica trasladada ao Concello de Boiro, o que converte o Mercado Municipal deste municipio no oitavo de Galicia en contar con este selo que tamén teñen as prazas de Tomiño, Vilagarcía de Arousa, Pontedeume, Carballo, Ribeira, Ponteareas e Tui.

A instalación do distintivo realizarase en próximos días e, deste xeito, avánzase no obxectivo de acadar os 25 espazos con esta distinción en 2030, aspecto recollido no Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030.

En concreto, o Mercado de Boiro conta con preto de medio cento de postos de venda cunha ampla variedade de produtos frescos, de proximidade e óptima calidade, como peixe, marisco, carne, froitas e verduras. Tamén de conservas, conxelados e flores, ou postos de arranxos de costura e hostalería.

A Xunta explicou que esta distinción é “froito dun traballo conxunto entre as administracións autonómica e local no marco da aposta por un modelo de excelencia que sirva como referente de calidade, innovación e compromiso coa cidadanía”. Un cometido que inclúe o Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030 para consolidar as prazas de abastos como puntos neurálxicos da comercialización de produtos frescos de proximidade, ademais de como centros de actividades complementarias que inciden de xeito decidido na dinamización das vilas e cidades galegas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.