
O Mago Dani Polo estará este domingo 8 de novembro no Porto do Son, ao abeiro do programa do II Ciclo Cultural Infantil Itinerante, impulsado pola Área de Cultura do Concello sonense. Será este domingo ás 18.00 na Casa da Cultura de Xuño, onde o Mago Dani Polo achegará un novo espectáculo familiar.
O galego Dani Polo, natural de Melide, é un dos magos revelación no mundo da maxia debido á súa idade, xa que comezou desde moi nova a realizar espectáculos de alto nivel e de gran calidade artística. Polo ten ás súas costas, malia súa xuventude, máis de 10 anos de traxectoria polos escenarios nacionais e europeos. Premio Nacional de Maxia, presentou recentemente o seu espectáculo Euforia que vén sendo un soño dun neno que de pequeno namorouse da maxia ao ver un mago na TV.
Máis espectáculos do II Ciclo Cultural Infantil Itinerante
· 15 de novembro
A Casa da Cultura de Queiruga acollerá a Brais das Hortas. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.
· 22 de novembro
A Casa da Cultura de Portosín acollerá ao Teatro Ghazafelhos. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.
· 29 de novembro
A Casa da Cultura de Porto do Son acollerá a sesión Dedín, dedín, dedal. O espectáculo dará comezo a partir das 18:00 horas.



