
Esta fin de semana proseguen as actividades da III Mostra de Teatro do Porto do Son. Farao coa función divulgativa (humorístico-lingüística) A parábola do angazo, de Talía Teatro. A cita teatral celebrarase este sábado 7 de novembro ás 21.00 horas na Casa da Cultura do Porto do Son.
As entradas están á venda (4€ ) na Oficina de Cultura, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou previo á función. Só se acepta tarxeta bancaria.
O espectáculo chega ao Porto do Son da man do Concello e coa colaboración da Rede de Cultura da Deputación da Coruña.
Sinopse
Estamos ante espectáculo que quere aportar perspectiva e coñecemento sobre a cuestión lingüística. Unha mirada ao noso pasado, pensar cos pés chantados na terra e ter consciencia de onde vimos. Unha montaxe áxil e versátil, onde o humor será unha parte fundamental da engrenaxe do espectáculo.
Partindo da coñecida lenda do angazo que xa recollía o Padre Sarmiento no século XVII, os protagonistas contarán historias da nosa lingua vinculándoas con anécdotas reais que suceden hoxe en día, enlazando episodios do noso pasado para explicar o que sucede no noso presente e demostrando que a lingua resistiu e resiste toda situación adversa.
Elenco: Artur Trillo e Toño Casais
Escenografía e iluminación: Dani Trillo
Vestiario: Martina Cambeiro
Música: Manu Abraldes
Autores: Araceli Gonda, Marta Lado, José Prieto, Diego Rey, Séchu Sende e Artur Trillo
Dirección: Diego Rey



