Deuses de pedra, de Iván Castiñeiras, proxéctase este domingo en Boiro

06 Novembro 2026

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, iniciativa itinerante da Academia Galega do Audiovisual para levar o mellor cinema galego aos concellos, vai proxectar en Boiro esta fin de semana un dos mellores filmes recentes da nosa industria: o semi-documental Deuses de Pedra, dirixido polo ourensán Iván Castiñeiras. Será este domingo 8 de novembro ás 19.00 horas, no Centro Social de Boiro.

Deuses de Pedra transcorre no norte de Portugal, preto de Galicia, onde transcorre (agora) o que aconteceu décadas antes ao outro lado da raia (en Galicia): o devalo do rural e o abandono dun xeito de vivir e convivir que poñía fin a séculos de historia. Un proceso materializado na emigración da mocidade, na falta de oportunidades, na interrupción da transmisión cultural, no abandono de usos e costumes (agrícolas, sociais, culturais) e, sobre todo, no despoboamento.

O filme cóntanos a historia de Mariana, unha nena de catro anos que descobre o mundo a través dos ensinos da súa mestra, nunha das últimas escolas rurais na fronteira entre Galicia e Portugal. Os contos infantís mestúranse coas lendas e historias que aínda habitan o lugar. Entre relato e relato Mariana crece e aos seus dezasete anos confróntase a unha importante decisión, partir da súa aldea, separarse da súa nai para ir estudar ao estranxeiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.