O Concello de Lousame, no marco da celebración da nova entrega do certame Festimaxia, organiza este domingo na Casa da Cultura unha cita familiar para maiores de 3 anos co ilusionista Joshua Kenneth, que presenta o seu espectáculo Degustación de imposibles.
Serán, en palabras do Concello, “70 minutos de sorpresas, humor e misterio, unha experiencia interactiva, divertida e artística que convida ao público a entrar nun mundo onde todo pode ser transformado e onda nada é imposíbel”.
As entradas poden reservarse en Bandoticket.
Degustación de imposibles é unha obra apta para todos os públicos creada polo ilusionista turista-galego Joshua Kenneth. Nesta escolma de imposíbeis a realidade do público distórcese con impactantes elementos visuais e poéticos como as pompas de xabón, os panos de seda ou as sombras chinesas.




